CONVOCATORIA REDONDELA NO CAMIÑO
Queres participar? Convocatoria aberta ata o 31 de agosto.
Redondela no Camiño xorde como unha iniciativa estratéxica destinada a
reforzar o papel de Redondela como vila comercial, cultural e turística de
referencia. A Asociación de Empresarios de Redondela leva anos impulsando
accións de dinamización no Centro Comercial Aberto, consolidando campañas
estacionais, programas de fidelización e actividades que conectan comercio,
cultura e participación cidadá.
Este traballo previo permitiu identificar unha oportunidade singular:
Redondela é punto de encontro das dúas variantes do Camiño Portugués, a
Central e a da Costa, o que converte a vila nun espazo de tránsito continuo
para miles de peregrinos cada ano. A riqueza patrimonial, a tradición comercial
e a identidade histórica dos barrios de Vilavella e Vilanova completan
un escenario perfecto para desenvolver unha campaña de gran impacto.
Vilavella, berce da vila e porta sur do Centro Comercial Aberto, conserva a
esencia da antiga vila medieval, mentres que Vilanova representa a expansión
urbana e comercial posterior. Ambas zonas, separadas historicamente por un río
pero unidas por séculos de intercambio, simbolizan a evolución da vila e
constitúen o eixo narrativo da campaña.
Redondela no Camiño recupera ese espírito histórico e dálle unha nova vida, convertendo o espazo urbano nun escenario multidisciplinar onde se mesturan comercio, patrimonio, gastronomía, arte e cultura.
Que é Comercio no Camiño?
Comercio no Camiño é un encontro multidisciplinar que reúne nun mesmo
espazo o mellor do noso municipio:
- Comercio local
- Artesanía
- Gastronomía
- Servizos profesionais
- Proxectos creativos e
iniciativas emprendedoras
Un evento pensado para mostrar o talento, a diversidade e a forza do
tecido empresarial de Redondela, achegando ao público unha experiencia
única que combina produto, cultura e identidade local.
Convocatoria para Empresas AsociadasA Asociación de Empresarios de Redondela abre o prazo de inscrición para
todos os establecementos que desexen participar activamente nesta
edición de Comercio no Camiño.
Quen pode participar?Establecementos asociados dos seguintes sectores:
- Comercio minorista
- Artesanía e creación
- Hostalaría e gastronomía
- Servizos profesionais
- Proxectos culturais, artísticos
ou turísticos vinculados ao municipio
Como participarCompleta o formulario de inscrición e indica:
- Nome da empresa
- Persoa de contacto
- Sector e tipo de actividade
- Proposta de participación
(stand, demostración, mostra, degustación, obradoiro…)
- Necesidades técnicas ou de
espazo
Prazo de inscriciónO prazo permanecerá aberto ata o 31 de agosto ou ata completar o número
máximo de participantes. Recoméndase inscribirse canto antes para garantir
praza.
PARA INSCRIBIRSE NA ACTIVIDADE (cubre o seguinte formulario):