BANNER WEB PIE 26-27.png

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA 2026/2027

O Programa Integrado de Emprego é unha iniciativa financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social.

É unha iniciativa que ten como obxectivo inserir laboralmente a persoas desempregadas mediante accións coordinadas durante 12 meses. O programa comprométese a lograr a inserción das persoas participantes, a media supera o 45%.


Este edición 2026/2027 do programa da Asociación de Empresas de Redondela 

está especialmente dirixido a MULLERES:

  • Desempregadas.
  • Con discapadidade.
  • En risco de exclusión social ou beneficiarias da RISGA.
  • Vítimas de violencia de xénero.
  • Migrantes.
  • Menores de 30 anos.
  • Maiores de 52 anos.
  • Beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia non inclúidas no tramo de inserción.
  • Perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI.
  • Desempregadas como consecuecia dun expediente de regulación de emprego de carácter restrictivo.
  • Non incluídas nos grupos anteriores.

Durante o programa, terás acceso a:

  • Orientación e asesoramento personalizado
  • Formación en competencias dixitais, idiomas e novas tecnoloxías
  • Obradoiros de motivación, intelixencia emocional e entrevistas
  • Coaching e mentoring para o emprego e o emprendemento
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas locais
  • Prospección empresarial e emparellamento con ofertas reais
  • Obradoiros sobre mobilidade laboral e REDE EURES
  • PROGRAMA FORMATIVO POR ITINERARIOS

- Bolsa de 10,00 €/día de asistencia ás accións do programa.
- O programa contempla medidas de conciliación da vida laboral e familiar.
O programa ofrece máis de 575 horas de formación adaptada ás necesidades reais do mercado laboral e ao perfil das participantes. Combina formación presencial, teleformación e mixta, con contidos innovadores e prácticos.

Itinerarios Formativos Estratéxicos

Loxística Industrial

Comercio

Automoción

Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)

Turismo e Restauración


1- Inscríbete como demandante de emprego en Emprego Galicia.
2- Contacta coa Asociación de Empresas de Redondela.
3- Cubre o formulario de inscrición dispoñible nesta web.
4- Participa nas sesións informativas e entrevistas de selección.


Contacto e inscrición:

Accede a máis servicios, date de alta na nosa plataforma de emprego, entra aquí e rexístrate.

Se es unha empresa e queres formar parte da rede de colaboración, contacta connosco para incorporar talento adaptado ás túas necesidades. Ofrecemos asesoramento, selección e seguimento personalizado.


¿Queres ser unha empresa colaboradora e ser parte deste proyecto?

 

Entra aquí e asina a carta de apio.

(preme sobre o botón enviar que atoparás na propia carta ou envíana a [email protected])





Queres saber máis sobre os Programas Integrados de Emprego de Galicia pincha aquí.