Misión, visión e valores

01

Misión

A Asociación de Empresarios de Redondela é unha entidade sen ánimo de lucro constituída para a coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais e comúns dos empresarios e empresarias da localidade de Redondela co obxectivo de fomentar a actividade empresarial e promover o desenvolvemento económico e social do concello de Redondela.
Fomentar o desenvolvemento socioeconómico do concello de Redondela e defender os intereses do sector empresarial.
02

Visión

Asociación de Empresarios de Redondela quere ser a entidade de referencia e apoio de todos os empresarios e empresarias da localidade sen distinción do seu tamaño ou a súa actividade e converter a Redondela nun modelo de desenvolvemento socioeconómico intelixente, sostible e integrador.
Queremos ser a entidade de referencia para todos os empresarios e empresarias da localidade onde todos se sintan orgullosos por pertencer e participar de forma activa sen distinción do seu tamaño ou actividade.
03

Valores

  • Unión
  • Compromiso
  • Proximidade
  • Transparencia
  • Profesionalidade
  • Capacitación
  • Participación
A fórmula dos nosos valores: Compañeirismo dos negocios + profesionalidade x proximidade = estratexia de éxito.