A Asociación de
Empresarios de Redondela

é unha entidade de representación empresarial e profesional
sen ánimo de lucro.

Quenes somos

Asociación de Empresarios de Redondela é unha organización, sen ánimo de lucro, creada no ano 1985 por un grupo de empresarios que ten coma obxectivo o impulso da actividade empresarial e o desenvolvemento económico e social do concello de Redondela.

O primeiro fito que deu lugar a constitución da Asociación tivo lugar en Redondela o 16 de febreiro de 1985, na emblemática Cafetería Stop na que se deron cita Perfeto Cabaleiro Vidal, Celso Pérez González, Antonio Cutíns Táboas, Adolfo Durán Chamadoiro, Jose Carlos Crespo Piñeiro e Antonio Fernández González, levantándose aquel día a primeira acta na que se constituía a Asociación Local de Comerciantes de Redondela.

Non sería ata marzo de 1986 cando a entidade adquira personalidade xurídica e plena capacidade de obrar e, tan só un ano despois, en 1987, cando se cambie definitivamente a súa denominación e pase a chamarse ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA.

Actualmente, aglutina a un colectivo de case  400 empresas de distintos sectores e actividades do Concello de Redondela.

Os Nosos Obxectivos

  • Representar e defender os intereses xerais e comúns dos nosos asociados.
  • Impulsar un modelo de desenvolvemento empresarial sustentable.
  • Organizar e manter servizos para apoiar e defender as empresas e entidades asociadas.
  • Informar ás empresas asociadas das novidades e temas de interese que afecten a actividade empresarial.
  • Desenrolar un espírito de solidariedade entre as empresas asociadas.
  • Colaborar con entidades de análoga natureza e finalidade.
  • Promover o desenvolvemento do sector industrial, comercial e turístico.
  • Consolidar o modelo de xestión comercial de Centro Comercial Aberto.
  • Impulsar a creación de dotacións e servizos axeitados nas zonas de actividade empresarial.
  • Contribuír a mellorar as infraestruturas, o transporte, as comunicación e a accesibilidade.

Estructura económica sectorial

Redondela unha economía tercializada.

O  90% das empresas asociadas pertencen ao sector terciario.

O sector comercial representa o 50% das actividades asociadas. Sendo ao por maior o 5% das actividades comerciais e retallista o 95%.
A hostalaría acada o 22% das empresas asociadas. O seu peso está incrementado o seu peso na economía local.
O sector servizos representa un 19%, rexistrando unha senda crecente nos últimos anos.
O sector industrial representa o 9% das empresas asociadas.

Empresarias na economía local

Visibilizar e promocionar a muller empresaria ou profesional liberal

Un 57% das empresas están xerenciadas por homes e un 43% por mulleres.