BANNER-WEB-SOMBRA-redondela-no-camiño.png

CONVOCATORIA REDONDELA NO CAMIÑO

Queres particar? Convocatoria aberta ata o 31 de agosto.

Redondela no Camiño xorde como unha iniciativa estratéxica destinada a reforzar o papel de Redondela como vila comercial, cultural e turística de referencia. A Asociación de Empresarios de Redondela leva anos impulsando accións de dinamización no Centro Comercial Aberto, consolidando campañas estacionais, programas de fidelización e actividades que conectan comercio, cultura e participación cidadá.

Este traballo previo permitiu identificar unha oportunidade singular: Redondela é punto de encontro das dúas variantes do Camiño Portugués, a Central e a da Costa, o que converte a vila nun espazo de tránsito continuo para miles de peregrinos cada ano. A riqueza patrimonial, a tradición comercial e a identidade histórica dos barrios de Vilavella e Vilanova completan un escenario perfecto para desenvolver unha campaña de gran impacto.

Vilavella, berce da vila e porta sur do Centro Comercial Aberto, conserva a esencia da antiga vila medieval, mentres que Vilanova representa a expansión urbana e comercial posterior. Ambas zonas, separadas historicamente por un río pero unidas por séculos de intercambio, simbolizan a evolución da vila e constitúen o eixo narrativo da campaña.

Redondela no Camiño recupera ese espírito histórico e dálle unha nova vida, convertendo o espazo urbano nun escenario multidisciplinar onde se mesturan comercio, patrimonio, gastronomía, arte e cultura.




Que é Comercio no Camiño?

Comercio no Camiño é un encontro multidisciplinar que reúne nun mesmo espazo o mellor do noso municipio:

  • Comercio local
  • Artesanía
  • Gastronomía
  • Servizos profesionais
  • Proxectos creativos e iniciativas emprendedoras

Un evento pensado para mostrar o talento, a diversidade e a forza do tecido empresarial de Redondela, achegando ao público unha experiencia única que combina produto, cultura e identidade local.


Convocatoria para Empresas Asociadas

A Asociación de Empresarios de Redondela abre o prazo de inscrición para todos os establecementos que desexen participar activamente nesta edición de Comercio no Camiño.


Quen pode participar?

Establecementos asociados dos seguintes sectores:

  • Comercio minorista
  • Artesanía e creación
  • Hostalaría e gastronomía
  • Servizos profesionais
  • Proxectos culturais, artísticos ou turísticos vinculados ao municipio

 

Como participar

Completa o formulario de inscrición e indica:

  • Nome da empresa
  • Persoa de contacto
  • Sector e tipo de actividade
  • Proposta de participación (stand, demostración, mostra, degustación, obradoiro…)
  • Necesidades técnicas ou de espazo

 

 Prazo de inscrición

O prazo permanecerá aberto ata o 31 de agosto de 2026 ou ata completar o número máximo de participantes. Recoméndase inscribirse canto antes para garantir praza.




INSCRIBIRME NA ACTIVIDADE (cubre o seguinte formulario):

 

Participa

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.





Enviar