
REDESCOBRE REDONDELA: A NOITE DE COMPRAS MÁIS VIBRANTE DO VERÁN CHEGA CUNHA TEMÁTICA IRREPETIBLE: O GRAN CIRCO VINTAGE E DESCONTOS ESPECTACULARES
Unha velada de sorpresas, ofertas e espectáculo que che convida a redescobrir a verdadeira esencia do comercio local.
Unha velada de sorpresas, ofertas e espectáculo que che convida a
redescubrir a verdadeira esencia do comercio local.
Este 1 de agosto, Redondela prepárase para vivir unha noite única que
mestura fantasía, comercio e arte na rúa: chega a Shopping Night máis
espectacular ata o momento, cunha temática circense vintage e acompañada polo XXVI
Festival de Artistas de Rúa.
Dinamización comercial ao máximo con máis de 50
establecementos que abrirán ata a medianoite para ofrecer:
- Horario
especial prolongado, aproveitando o frescor das noites de verán.
- Promocións
exclusivas e descontos de ata o 50 % e 70 %.
- Presentacións
de novos produtos e sorteos. Pide nas tendas a túa tarxeta recompensa.
- Espazos
que animan a percorrer rúas menos coñecidas do Centro Comercial Aberto.
- Máis
información sobre ofertas e sorteos: empresasredondela.gal
Formatos para explorar:
- Tendas Anfitrioas
Establecementos céntricos que acollen negocios con menos visibilidade, xerando sinerxías e rutas sorpresa pola vila. - Tendas Efémeras
Catro postos na rúa Ribeira onde marcas emerxentes ou comercios de Chapela exhiben e interactúan directamente co público na rúa. - Formato Mixto
Comercio tradicional que amplía o escaparate ao exterior: dentro, presentacións e lanzamentos exclusivos; fóra, grandes rebaixas de fin de tempada.
ARTÍSTAS DE RÚA
A rúa transfórmase nun auténtico escenario ambulante con sete localizacións
cheas de:
- CIRCO,
malabares e maxia
- Música e
humor
- Espectáculos
circenses para toda a familia
Como gran broche final, a Praza da Casa da Torre vibrará co concerto do recoñecido cantautor Pancho Varona, nunha noite onde o comercio e a cultura bailan da man.
"A Shopping Night é a ocasión perfecta para redescubrir o comercio local”
“Esta noite non vai só de mercar: é unha invitación a reconectar coas historias, o bo facer e a proximidade que só o comercio local pode ofrecer. Percorre rúas inéditas, descubre pequenos tesouros nas tendas e mergúllate na autenticidade de Redondela.”