SALVAMANTELES.jpg

CAMPAÑA DE COLABORACION CON CRUZ VERMELLA

Cando o talento rompe barreiras: A Asociación de Empresarios de Redondela implícase na campaña “Contrata Sen”.


Cruz Vermella, no seu compromiso por promover a igualdade de oportunidades no emprego, reforza en Galicia a campaña “Contrata Sen”. A iniciativa busca eliminar barreiras de acceso ao mercado laboral para as persoas con maiores dificultades. O obxectivo é concienciar ao tecido empresarial e á cidadanía sobre a necesidade de eliminar os estereotipos que aínda obstaculizan o acceso ao mercado de traballo.

 

 A iniciativa, impulsada polo Plan de Emprego de Cruz Vermella, busca implicar ao empresariado na eliminación de prexuízos que aínda hoxe supoñen un freo para moitas persoas á hora de acceder a un posto de traballo. Talento, motivación e profesionalidade son calidades que non entenden de idade, xénero, procedencia ou experiencia previa, e esta campaña convida as empresas a contratar sen etiquetas.

 

 A Asociación de Empresarios de Redondela uniuse a esta campaña  durante a cal se distribuirán materiais promocionais como manteis, que serán entregados a empresas colaboradoras para a súa difusión entre clientes e redes.

Con esta acción, Cruz Vermella quere visibilizar que as oportunidades laborais deben construírse desde a equidade e o respecto, deixando de lado etiquetas inxustas que condicionan as oportunidades de moitas persoas.