
MERCA NO TEU COMERCIO CHEGA A CHAPELA
A campaña estará activa deo 5 ao 20 de agosto na parroquia de Chapela.
Entre o 05 e o 20 de agosto de 2025 a Asociación de
Empresas de Redondela apoia a posta en marcha dunha nova campaña de
dinamización comercial en Chapela, a iniciativa publicitaria/promocional realízase
desde a Federación de Comercio de Pontevedra, a Federación Galega de Comercio e
conta co financiamento da Xunta de Galicia.
O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e máis de 90 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos barrios e nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector.
Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio
todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de
Chapela, nas datas da campaña (do 05 ao 20 de agosto de 2025). Deben facelo
rexistrando directamente a súa compra na web da localidade correspondente (mercanoteucomercio.com/chapela) a través de calquera dispositivo electrónico: móbil,
tablet ou ordenador. A participación pode ser rexistrada tamén polo
comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir
directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas
opcións de gañar.
Nesta campaña dirixida ao sector comercial, participan 25
comercios de toda Chapela.
Entre os participantes nesta campaña sortearanse
1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán
ser empregadas para volver a mercar nos comercios de proximidade das
respectivas localidades. O sorteo realizarase o 21 de agosto, e o 03 de setembro terá lugar a entrega dos
premios aos afortunados, na que está previsto animación infantil na Alameda de
Rosalía.
Ademáis de Chapela, na provincia de Pontevedra
celebraranse 10 actuacións, englobando 21 localidades ata o mes de novembro, e
repartindo un total de 10.000 euros en premios.