
O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA ESTÁ A CONVERTERSE NUN XERME DE EMPRENDEMENTO
Ven a luz as primeiras iniciativas de emprendemento no marco do Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresas de Redondela.
Son varias as iniciativas empresariais que xa están en marcha e que xa podemos presentar.
Sara Sánchez, pon en marcha unha asesoría.
Sara, realizou un dobre grado en ADE e Dereito pola Universidade de Vigo e realizou un Master en Xestión Administrativa e acaba de por en marcha un novo proxecto empresarial: ASES ASESORES, S.C.G. que se localiza en Av. Redondela, 80, bajo, 36320 Redondela, Pontevedra co eslogan "revolucionando o mundo do emprendemento".
Sara busca marcar a diferenza cun enfoque estratéxico e personalizado, axudando á autónomos e empresas a medrar con confianza, acompañando en cada fase do emprendemento, asesorándoos e ofrecéndolles as mellores opcións de xestión existentes, apoiando o crecemento con subvencións, sempre mediante unha comunicación aberta e transparente, mesturando experiencia, innovación e empatía.
A carteira de servizos que ofrece é:
- Emprendemento
- Subvencións
- Xestión fiscal e contable
- Xestión laboral
- Seguros
- Xestoría