BANNER-XUVENTUDE-MENTORING-2025LOGOS.png

III Edición do Programa Xuventude Mentoring na Empresa 2025

Impulsa o teu futuro: aprende, crece e destaca con Xuventude Mentoring na Empresa.


Estás buscando unha oportunidade para medrar profesionalmente e desenvolver o teu talento no mundo laboral? O Programa Xuventude Mentoring na Empresa é a túa porta de entrada a novas posibilidades!

 

Xuventude Mentoring na Empresa é un programa de estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores estratéxicos en Galicia, de modo que incrementen as posibilidades de inserción laboral das persoas mozas participantes, posibilitando a captación e retención de talento naqueles sectores económicos considerados claves para a nosa economía.



A finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, cos seguintes obxectivos específicos:

 

Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.

Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.


Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.

Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.

 








Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo Específico ESO4.1, medida: 5.A.05.