BANNER-WEB-SOMBRA.png

MERCA NA PRAZA E APARCA GRATIS

Desde o 25 de novembro por cada 2 tickets de compra terás unha hora de parking gratuito. Ademais poderás gañar depósitos de carburante e lavados gratis.


Esta campaña, coordinada pola Asociación de Empresarios de Redondela e os praceiros e praceiras, conta coa colaboración do Concello de Redondela e a Xunta de Galicia e  ten como obxectivo facilitar á clientela da Praza de Abastos o estacionamento para realizar as súas compras e atraer novos clientes.







CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN:

- Por cada dous tickets de compra do mesmo día e de distintos establecementos podes caxealos por un ticket de parking  gratuito de unha hora no Parking da Xunqueira.

- Ambos tickets deben ser do mesmo día no que solicitas o troco pola hora de parking gratuita.

- Non se esixe ningún importe mínimo de compra.

- O número máximo de horas que poderás canxear cada día será de 5 horas.

- O troco poderás realizado nos puntos de canxe habilitados na Abastos de Redondela en horario de mañá ou na sede da Asociación de Empresarios de Redondela.

- Esta promoción comeza o día 25 de novembro e remata o 16 de decembro ou ata finalización de existencias.







AVISO POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS SORTEO


Polas compras que realices nas Prazas de Abastos de Redondela e Chapela desde o 25 de novembro poderás participar no sorteo de 3 depósitos de caburante e 6 lavados.


* Depósito para un vehículo turismo ata un máximo de 110€.


O sorteo terá lugar o 23 de decembro de 2022 na praza de Abastos de Redondela.





Consutar establecementos asociados á promoción



PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA

25 de Novembro de 2022


Merca na Praza e aparca gratis.

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA, COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE REDONDELA, COORDINA A POSTA EN MARCA DUNHA CAMPAÑA PARA FACILITAR AS COMPRAS NA PRAZA DE ABASTOS .

A Campaña consta de dúas accións: por un lado, a clientela poderá trocar os seus tickets de compra por horas de parking gratuítas e, por outro lado, coas compras realizadas na praza entrarase no sorteo de 3 depósitos de carburante e 6 lavados gratis.

Dende hoxe e ata o 16 de decembro á clientela poderá conseguir 1 hora de parking gratuíto por cada dous tickets de compra. Os tickets teñen que ser do mesmo día que se realicen as compras e non hai compra mínima, aínda que o número de horas gratuítas que se poden trocar por día será de 5. Esta medida pretende favorecer non so aos praceiros senón tamén a toda a zona comercial xa que a clientela da praza terá tempo abondo para realizar compras en toda a área comercial ou gozar da hostalaría.

O troco de tickets realizarase na Cafetería da Praza de Abastos ou na sede da Asociación de Empresarios de Redondela ata o 16 de decembro.

Por outra banda, para axudar coa importante subida de prezos, os praceiros e praceiras suman un sorteo de 3 depósitos de carburante. Unha iniciativa que conta coa colaboración de REPSOL a través da ESTACIÓN DE SERVIZO HEVAGO, situada na Avda. de Santa Mariña moi próxima á propia Praza de Abastos. O sorteo terá lugar o día 23 de decembro na propia Praza de Abastos de Redondela.