BANNER-WEB-SOMBRA.png

MERCA NA PRAZA E APARCA GRATIS

Desde o 25 de novembro por cada 2 tickets de compra terás unha hora de parking gratuito. Ademais poderás gañar depósitos de carburante e lavados gratis.

Esta medida, coordinada pola Asociación de Empresarios de Redondela e os praceiros e praceiras, conta coa colaboración do Concello de Redondela e a Xunta de Galicia e  ten como obxectivo facilitar á clientela da Praza de Abastos o estacionamento para realizar as súas compras e atraer novos clientes.


CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN:

- Por cada dous tickets de compra do mesmo día podes caxealos por un ticket de parking  gratuito de unha hora no Parking da Xunqueira.

- Ambos tickets deben ser do mesmo día no que solicitas o troco pola hora de parking gratuita.

- O número máximo de horas que poderás canxear cada día será de 5 horas.

- O troco poderás realizado na cafetería da Praza de Abastos de Redondela en horario de mañá.

- Esta promoción comeza o día 25 de novembro ata o 16 de decembro ou ata finalización de existencias.

- Se ao menos un dos tickets de compra é maior de 20€ poderás participar no sorteo de 3 depósitos de carburante e 6 lavados de coche. 



PARTICIPA