BANNER-WEB-SOMBRA-nadal2022.jpg

CAMPAÑA DE NADAL 2022/23

Este Nadal os rascas da sorte traen miles de premios e o sorteo de 3.000€ en vales de comprar por mercar nos establecementos de Redondela.















Este venres 9 de decembro o comercio local presenta a súa campaña de Nadal. Unha campaña que ven marcada por unha decoración temática baseada no conto dos Crebanoces que traerá sorpresas durante o Nadal. 


Co acendido da luces de Nadal en Redondela e Chapela o sábado 10 e domingo 11, respectivamente, toda Redondela énchese da maxia do Nadal na que o comercio de proximidade aposta por ofrecer a súa clientela as mellores ideas para regalar, premios directos e un gran sorteo final de 3.000€ en vales de compra.


Máis de 4.000 premios directos, con ata 8.000€ en premios directos en efectivo e 1.000 agasallos sorpresa estarán escondidos nos rascas dos establecementos da localidade tanto de Redondela como de Chapela. Nunha aposta clara e decidida por os comercios de ambas zonas comerciais a mesma altura.


Para a clientela máis dixital tamén haberá premios a modo de sorteo nas redes sociais que curiosamente premiará as visitas as tendas, cunha clara intencionalidade de vincular o concepto online co offline.


E para os aínda máis dixitais un completo catálogo virtual de ideas para regallar lles permitirá ir de compras por Redondela sen saír da casa. Este catálogo será actualizando de forma continuada, cambiando e sorprendo á clientela con produtos e servizos que poderán encontrar tanto nas tendas como dispoñibles para a compra online.