
LIÑAS DE AVAIS INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL (ICO)
Líña de Avais Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo
Os autónomos e
empresas interesados en acollerse a esta liña deberán dirixirse a calquera das entidades de crédito, establecementos financieiros de crédito, entidades de
pago ou entidades de diñeiro electrónico que suscriban có Instituto de
Crédito Oficial os correspondentes contratos marco para participar na
Liña de Avais. A entidade financieira decidirá sobre a concesión da
correspondente financiación ao cliente de acordo cos seus procedementos
internos e políticas de concesión e riscos. Ditas entidades financieiras
poderán recurrir á Liña de Avais para avalar operacións de financiación
otorgadas a autónomos e empresas.
Importe máximo dos préstamos por cliente que pode avalar esta Liña
En función do réximen aplicable
conforme á normativa da Unión Europea:
Para préstamos ou renovacións
de ata un máximo de 1,5 millóns de euros nunha ou
varias operacións de préstamo a autónomos e empresas, aplicaranse as
disposicións específicas do Regulamento (UE) n ° 1407/2013 da Comisión, do
18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108
do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis,
cando sexa aplicable.
Neste caso o principal da operación de préstamo u outras modalidades de
financiación según o réximen de minimis aplicable, ata un máximo de
1.500.000€.
Para préstamos por encima de 1,5 millóns de euros, ou cando non sexa
aplicable o réximen de minimis, ata o máximo establecido no Marco
Temporal de Axudas de Estado da Comisión Europea tanto para autónomos e
empresas que reúnan a condición de peme como para empresas que no reúnan a
condición de peme.
A aplicación do Marco Temporal de Axudas da Unión Europea nestos casos,
establece uns límites sobre o principal da operación para aquelas con
vencimento posterior a 31.12.2020. Simplificando serían:
·
Dobre da
masa salarial en 2019, (incluindo cotizacións sociais e coste do persoal
das subcontratas desempeñadas nas sedes).
·
25% da
facturación de 2019
·
Necesidades
de liquidez debidamente xustificadas e certificadas para os próximos:
o PEME 18 meses
o No PEME 12 meses
·
Excepcións
superiores condicionadas debidamente xustificadas.
Porcentaxe máximo de cobertura do aval
N· No caso
de autónomos e pemes o aval garantizará o 80% do
principal das novas operacións de financiación e das renovacións.
·
Para o resto de empresas, que non teñan a consideración de peme,
o aval cubrirá o 70% no caso de novas operacións de préstamo e o 60%
para renovacións.
O aval non da cobertura a conceptos distintos ao principal da operación, tales como pago de xuros, comisións ou outros gastos inherentes ás operacións.