
IGAPE PON EN MARCHA PRÉSTAMOS AVALADOS PARA APOIAR ÁS PEMES E AUTÓNOMOS NO CONTEXTO DO ACTUAL BROTE DE COVID-19
O prazo de presentación comeza o 02/04/2020
Finalidade / Obxetivo
Favorecer o acceso a
préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as pemes e autónomos cuxas
actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19.
Tipos de apoio
O Igape reavalará ata
un máximo do 25% do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas.
O Igape subvencionará a fondo perdido un importe equivalente á suma dos xuros
dos préstamos concedidos ao abeiro desta liña de financiamento
Beneficiarios potenciais
1. Poderán ser
beneficiarias as pequenas e medianas empresas, que cumpran os seguintes
requisitos:
a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en
Galicia.
b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña
de financiamento, que se detallan no Anexo I.
2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as
agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as
sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio
separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia
dunha decisión Comisión Europea.
b) As empresas en crise.
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art.
10.2 da Lei de subvencións de Galicia.
Ademais para ser beneficiaria desta liña de financiamento, a titular deberá
formalizar un préstamo a un prazo de 4 anos, que será aplicado do seguinte
xeito:
1) Un mínimo do 35% do seu principal será aplicado ao pago dos seguintes
conceptos de gasto: Pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e
aprovisionamentos; Pagamentos a acredores por prestación de servizos,
arrendamentos e/ou subministracións; Pagamento de nóminas e seguros sociais;
Gastos financeiros operativos; Pago de impostos e Primas de seguros en
cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
2) Un máximo do 65% poderá ser aplicado á cancelación de débedas bancarias e
outros conceptos, sempre e cando correspondan a algunha das seguintes
modalidades:
- Pago de coutas de préstamos, leasing e/ou renting vencidas ou que venzan
durante os tres meses seguintes á data de formalización.
- Pago de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen
o seu dispoñible na contía da aplicación do préstamo a esta finalidade, e se
manteñan abertas ata o seu vencemento.
- Débedas bancarias vencidas, cuxo vencemento se producise con posterioridade
ao 1 de marzo de 2020.
- A comisión do aval así como as achegas ao capital das Sociedades de Garantía
Recíproca.
Sectores incentivables
Todas as actividades
excepto:
a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou
infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas
destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas
(cárceres e centros de detención de todo tipo).
b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
d) As actividades que implican a utilización de animais vivos con fins
experimentais ou científicos.
e) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou
compensado en moi escasa medida.
f) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou
ética.
g) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.
Requisitos principais do proxecto
1) Importe
O importe do préstamo non poderá superar:
a) O dobre dos costes salariais anuais do beneficiario (incluídas as cargas
sociais) correspondentes a 2019 ou ao último ano dispoñible; no caso de
empresas creadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019, o importe máximo
do préstamo non poderá superar, a estes efectos, a estimación dos costes
salariais anuais para os primeiros dous anos de actividade, ou
b) O 25% do volume de negocios total do beneficiario en 2019.
En todo caso, o préstamo a avalar deberá ser igual ou superior a 3.000 euros e
igual ou inferior a 200.000 euros.
2) Prazo
O prazo máximo do préstamo a avalar será de 4 anos, incluíndo 1 ano de
carencia, como máximo.
3) Tipo de xuro
O tipo de xuro nominal anual que poderán cobrar as entidades de crédito para as
operacións de préstamo previstas nesta liña será fixo, cun máximo do 1,5%.
4) Subvención ao tipo de xuro
O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a suma dos
xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade.
A subvención que no seu caso sexa concedida, será determinada no momento da
concesión, e pagarase á beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta
designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento
conforme ao artigo 11 das Bases Reguladoras. No caso de amortización anticipada
do préstamo, a titular deberá reintegrar ao Igape a diferencia entre os xuros
aboados e o importe da subvención.
5) Comisións
As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir en conceptos
de apertura e estudo será do 0,60%. Para as comisións de estudo e apertura,
conxuntamente, a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 .
Para estes efectos, non se considerará comisión o cobro da tarifa de reclamación
de posicións debedoras.
As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50% en concepto de comisión de aval,
calculada para toda a vida da operación sobre o saldo vivo anual previsto do
importe avalado, e que será cobrada por anticipado; e ata o 4,00% do importe do
financiamento avalado en concepto de aportación ao capital social da SGR, que
se aboará igualmente ao inicio da operación. Ambos importes poderán formar
parte do préstamo avalado. O cliente poderá solicitar o reembolso da
participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.
6) Garantías
A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao
convenio, polo 100% do risco. No caso de operacións de importe superior a
150.000 euros, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR
adherida. A estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de
aval e ás SGR descritas en singular, entenderanse realizadas en plural.
As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura
de ata o 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías
persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que
poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e
achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración.
Cuantía das axudas
Axuda en forma de
garantía. Reaval ante SGR.
O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a suma dos
xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación
de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta
convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de
2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Incompatibilidades
A concesión das axudas
destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en
especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera
outra axuda pública ou privada pero, en ningún caso, illadamente ou en
concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de
axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de mínimis.
De xeito xeral, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma
empresa non poderán superar 200.000 euros durante calquera período de tres
exercicios fiscais e, para as empresas do sector transporte de mercadorías por
estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas cuxa actividade
estea encadeada no Regulamento de minimis específico do sector da pesca, as
axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán
superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para
as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros
durante calquera período de tres exercicios, co límite establecido para España.
Referencia lexislativa
Resolución do 7 de
febreiro de 2020 (DOG Nº28 do 11/02/2020) - Bases reguladoras da liña de
financiamento lgape-pemes.
Resolución do 31 de marzo de 2020 (DOG Nº64 do 01/04/2020) - Modificación das
bases reguladoras
Información e tramitación en
* Información:
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54
11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
* Tramitación:
As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se
obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es
Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía
electrónica con certificado dixital. Será necesario que o asinante da
solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.
A solicitude presentarase coa seguinte documentación electrónicamente:
a) En caso de persoas xurídicas:
1º Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro
competente e as súas modificacións posteriores.
2º Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no
rexistro competente.
3º No caso de entidades obrigadas a formular, aprobar e depositar contas anuais,
contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil- ou noutro rexistro, segundo
proceda- correspondentes ao último exercicio pechado, xunto co informe de
auditoría de ser o caso.
b) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións
de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do
exercicio corrente. Así mesmo as comunidades de bens deberán presentar o Anexo
III de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
Unha vez rexistrada a solicitude, o Igape remitiralla á entidade de crédito e á
SGR, a través da extranet de entidades colaboradoras.
Observacións
Relación de entidades
financeiras adheridas:
- Caixa Rural Galega
- Abanca
- Bankinter
- Banco Bilbao Vizcaya Argentaria
- Banco de Sabadell
- Banco Santander
- Caixabank
PROCEDEMENTO
IG257
Documentos relacionados
- Resolucin do 7 de febreiro de 2020 DOG N28 do 11022020 - Bases reguladoras (1).pdf
- Resolucin do 31 de marzo de 2020 DOG N64 do 01042020 - Modificacin.pdf
- Cuestionario de exemplo.pdf