CONVENIO VITALDENT
VITALDENT

A Asociación de Empresas de Redondela vén de asinar un convenio de colaboración con Vitaldent Redondela, co obxectivo de facilitar ás empresas asociadas o acceso a servizos odontolóxicos en condicións preferentes. Trátase dunha oportunidade para mellorar a saúde bucodental dos equipos profesionais, mediante unha atención integral, próxima e de calidade, basada na confianza e na innovación.
Ademais, a clínica ofrece asesoramento personalizado e revisións adaptadas ás necesidades de cada persoa, contribuíndo así ao benestar xeral e á prevención de problemas dentais a longo prazo.

Un equipo próximo e especializado
O equipo humano de Vitaldent Redondela está formado por profesionais especializados en implantoloxía, ortodoncia invisible, estética dental, endodoncia avanzada e periodoncia, que traballan baixo protocolos clínicos de máxima calidade. Máis alá da especialización, a clínica destaca pola súa proximidade, apostando por un trato cercano, explicacións claras e unha atención personalizada que sitúa ao paciente no centro de cada decisión.

Implicación coa comunidade local
Vitaldent Redondela vai máis alá da práctica clínica, participando activamente na vida do municipio a través de distintas iniciativas:
- Educación e prevención: colaboración con centros educativos e ANPAS para fomentar hábitos saudables desde idades temperás.
- Persoas maiores: organización de charlas adaptadas ao coidado bucodental na terceira idade.
- Inclusión: traballo con asociacións de persoas con necesidades especiais, adaptando a atención e formación.
- Contorno profesional: sesións formativas para empresas e comercios sobre o impacto de factores como o estrés na saúde bucodental.
Innovación e tecnoloxía ao servizo dos pacientes
A clínica integra tecnoloxía avanzada como o TAC ou o escaneado intraoral 3D, que permite realizar diagnósticos máis precisos, planificacións dixitais e tratamentos minimamente invasivos. Isto facilita o acceso a tratamentos complexos sen necesidade de desprazamentos, mellorando a experiencia dos pacientes.

Compromiso co tecido empresarial
Como parte activa de Redondela, Vitaldent mantén un firme compromiso co comercio local, colaborando con empresas e asociacións para contribuír ao desenvolvemento económico e social do municipio, reforzando un modelo baseado no crecemento conxunto.
Promoción Vitaldent exclusiva para asociados/as.
- Desconto do 15%.
- 25 prestacións gratuitas (1ª consulta e radiografía gratuíta).
- Tratamentos menores de 85 € (sen desconto).
- Tratamentos entre 85 € e 250 € (pode aplicarse ate un 5% de desconto).
* Descontos non acumulable a outras promocións.
Ademais dos descontos establecidos, o convenio inclúe a cobertura de socios/as, traballadores/as e familiares directos de ambos, que poderán beneficiarse das condicións vantaxosas recollidas no acordo con Vitaldent.
Xornadas de Portas Abertas de Ortodoncia
Con motivo do recente convenio, Vitaldent Redondela convida en exclusiva aos asociados de AER, aos seus empregados e a familiares directos a unhas xornadas informativas especiais sobre preortodoncia, ortodoncia de brackets e ortodoncia invisible
Datas: Mércores 29 de xullo, 26 de agosto, 9 de setembro e 23 de setembro; e venres 31 de xullo, 14 de agosto, 28 de agosto e 11 de setembro
Horario: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h
Lugar: Clínica Vitaldent Redondela (Avda. José Regojo, 25 baixo)
Beneficios exclusivos e gratuítos para os asistentes:
As persoas que asistan contarán cunha valoración e estudo previo completo validado pola dirección médica (Dr. Henry Reyes e Dr. Marcos Ledesma)
Diagnóstico individualizado e personalizado
. Radiografía panorámica de alta precisión
. Telerradiografía lateral de última tecnoloxía
.
Promoción especial de lanzamento (Xullo, Agosto e Setembro)
Para todas as persoas que reserven a súa cita nestas xornadas ou durante os meses de xullo, agosto e setembro, aplicarase un 20% de desconto directo en tratamentos periodontais, rexenerativos, implantolóxicos e de ortodoncia (unha vantaxe superior á do convenio estándar)

Vitaldent Redondela convida a empresas, colectivos e veciñanza a coñecer as súas instalacións e a colaborar en iniciativas que continúen xerando valor para a comunidade.
Teléfono de contacto: 986 61 87 04
Correo electrónico: [email protected]
