CHAPELA, UNHA FIESTRA ABERTA AO MAR
Cultura, comercio e hostalaría en diálogo
1. Introdución
A parroquia de Chapela conta cunha forte identidade cultural e social, cun
tecido comercial e hostaleiro activo e cun espazo simbólico central: a Alameda
Rosalía de Castro. Aproveitando esta referencia e coincidindo coa
celebración do Día de Rosalía (23 de febreiro), preséntase esta proposta
de dinamización cultural e económica: a Semana de Rosalía de Chapela.
O obxectivo é crear un evento anual que combine cultura, comercio e
hostalaría, reforzando a identidade local e atraendo público de Chapela, de
Vigo e da contorna.
2. Xustificación da
proposta
2.1. Valor cultural
- Rosalía de
Castro é unha figura central da literatura galega e símbolo da identidade
cultural do país.
- A camelia,
flor asociada á súa imaxe, permite unha estética recoñecible e atractiva.
- A Alameda
Rosalía de Chapela ofrece un marco perfecto para actividades culturais ao
aire libre.
2.2. Valor económico
- Chapela
posúe un tecido comercial e hostaleiro que pode beneficiarse dunha campaña
temática de visibilidade.
- A
proximidade con Vigo facilita atraer visitantes, especialmente se se
ofrece un programa diferenciado e de calidade.
- A
dinamización cultural xera movemento económico directo e indirecto.
2.3. Valor social
- Fomenta o
orgullo de pertenza e a participación veciñal.
- Impulsa a
colaboración entre entidades culturais, comerciantes e hostaleiros.
- Constrúe
unha tradición anual que pode consolidarse no calendario municipal.
3. Obxectivos
3.1. Xerais
- Crear unha
semana de referencia cultural e comercial en Chapela.
- Reforzar a
marca local arredor da figura de Rosalía de Castro.
- Aumentar o
fluxo de visitantes procedentes de Vigo e arredores.
3.2. Específicos
- Implicar
activamente ao comercio e á hostalaría mediante accións temáticas.
- Promover
actividades culturais accesibles para todos os públicos.
- Visibilizar
a Alameda Rosalía e a vía verde como espazo de encontro e dinamización.
- Establecer sinerxías con entidades (valorar colaboración con colectivos locais ou coa Fundación Rosalía).

– Decoración e dinamización de espazos comerciais
- As camelias florecen nos espazos comerciais
- Bolsas conmemorativas
- Marcapáxinas conmemorativos
– Ruta Gastronomía de Rosalía: “Sabores da terra
donde meu criei” : platos e tapas que poderemos degustar na hostalaría da
localidade.
- Ruta gastronómica: entra na hostalaría de Chapela para descubrir os sabores da nosa terra, deixate sorprender polo maridaxe poético das nosas propostas:
- “Ensalada de follas novas”,
- “Revolto de sabores da terra que eu prantei”
…. Cada local
escolle un nome e crea o prato correspondente e o público vota polos nomes
máis creativos e polos sabores
SORTEO ESPECIAL DO LIBRO RECEITA
Sorteo libro de Receitas de Rosalía

A Semana Rosaliana de Chapela é unha proposta con vocación de converterse nun referente
cultural e económico na Parroquia de Chapela dentro do Concello de Redondela. A
combinación de cultura, comercio e hostalaría, xunto coa forte identidade
rosaliá da parroquia, garante un evento atractivo, participativo e con impacto
real.
Se tes un establecemento es Chapela e queres participar cubre este formulario ou chámanos ao 986 40 40 12