CAMPAÑA DÍAS AZUIS ABRIL 2026
Merca no comercio local de Redondela e participa no sorteo de 20.000€ en premios durante os Días Azuis.
O comercio local de Redondela súmase a unha nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego, unha campaña que busca incentivar as compras de proximidade e poñer en valor o tecido comercial das nosas vilas.
Entre o 10 e o 30 de abril de 2026, todas as persoas que realicen compras nos establecementos adheridos poderán participar nun sorteo con importantes premios económicos.
A iniciativa, impulsada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, convida á cidadanía a apostar polo comercio de sempre, xerando dinamismo económico e reforzando o vínculo coa contorna.
COMO FUNCIONA
Durante o período da campaña, as compras realizadas no comercio local poderán ser rexistradas para participar no sorteo final.
Para iso, será necesario:
- Realizar unha compra nun establecemento adherido
- Gardar o ticket de compra
- Rexistrar a participación na web da campaña ou a través do propio comercio
Cada ticket rexistrado equivale a unha participación, incrementándose as posibilidades de premio canto maior sexa o número de compras realizadas.
SORTEO E PREMIOS
O sorteo celebrarase o 6 de maio de 2026 e contará cun total de 20.000€ en premios, repartidos en tarxetas regalo para consumir no comercio galego:
- 44 tarxetas de 250€
- 60 tarxetas de 150€
Ademais, a campaña inclúe un sorteo presencial extraordinario cun premio de 2.500€, que deberá ser investido nunha única xornada de compras nunha localidade galega.








Para máis información click aquí!