BANNER-WEB-SOMBRA--dia-do-pai.png

CAMPAÑA DO DÍA DO PAI 2026

Celebra o Día do Pai en Redondela.



En Redondela celebramos o Día do Pai cunha mensaxe que vai máis alá das compras: xogar en equipo é apoiar o que temos preto. Por iso contamos cun aliado de excepción, Claudio Giráldez, que nos acompaña neste vídeo creado pola Federación Provincial de Comercio de Pontevedra para lembrar que o comercio local é parte esencial da nosa identidade, da nosa vida diaria e do futuro da nosa vila, e nesta campaña do día do Pai queremos contribuir a difundir á súa iniciativa e compartir este vídeo, contribuíndo a dar maior visibilidade ao excelente traballo realizado pola Federación e reforzando, entre todos, a importancia de apoiar o comercio de proximidade.


Este vídeo é unha homenaxe ás persoas que manteñen abertas as portas dos nosos negocios, ás familias que confían neles e a todos os que cren que mercar aquí é apostar polo que somos.


Preme e descubre unha historia que une deporte e comercio.


Unha historia que tamén é a túa, compartea.







O 19 de marzo é unha data especial, e en Redondela queremos celebrala contigo. Este ano, mercar no comercio local ten premio: emoción, proximidade… e tamén unha camiseta oficial do Real Club Celta de Vigo, coa posibilidade de que estea asinada polo adestrador Claudio Giráldez.


Como participar

Do 10 ao 19 de marzo, cada compra realizada nos establecementos adheridos á campaña pode converterse nun agasallo único.

  1. Compra en calquera dos nosos comercios locais participantes.
  2. Rexistra o teu ticket na nosa plataforma.
  3. Entra no sorteo dunha camiseta oficial do RC Celta de Vigo.
  4. E se o desexas… ¡poderá estar asinada polo propio Claudio Giráldez!


Rexistra aquí as túas compras

Participar é rápido e sinxelo.

Se xa estás rexistrado só tes que introducir os datos do teu ticket e xa estarás dentro do sorteo e se ainda non tes conta, crea a túa conta persoal e rexistra os teus tickets.