foto noticia web-conselleiro emprego.jpg

O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN JOSÉ GONZÁLEZ VÁZQUEZ, PRESENTA EN REDONDELA AS PRINCIPAIS LIÑAS DA XUNTA EN MATERIA E EMPREGO,FORMACIÓN E COMERCIO PARA 2026.

A Asociación de Empresas de Redondela acolleu a charla "Unha Galicia que suma Talento"

A Asociación de Empresarios de Redondela acolleu esta mañá a charla “Unha Galicia que Suma Talento”, impartida polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, quen deu a coñecer as principais iniciativas que marcarán a acción da Xunta de Galicia ao longo de 2026 nos ámbitos do emprego, a formación e o comercio.

Galicia, primeira comunidade en poñer en marcha un sistema oficial de microcredenciais

Durante a súa intervención, o conselleiro destacou o novo modelo galego para formar e reter talento, un sistema flexible e adaptado ás necesidades reais das empresas. Entre as novidades máis relevantes, subliñou que Galicia será a primeira autonomía en contar cun espazo oficial de microcredenciais, un mecanismo pioneiro que permitirá certificar competencias profesionais de forma rápida, flexible e orientada á demanda do tecido produtivo que xogan un papel clave nun modelo de capacitación orientado ás necesidades das empresas”

Impulso á formación e á empregabilidade

O conselleiro explicou tamén o reforzo dos obradoiros duais, que evolucionan cara a convenios con entidades privadas para mellorar a inserción laboral, así como a aposta pola formación clave para persoas desempregadas. A Xunta mantén ademais o seu compromiso de vincular formación e contratación, cun modelo de apoios económicos que poden sumar subvencionabilidade da contratación ata 48.000 euros en apoios entre formación, primeira experiencia profesional e contratación indefinida.

Redondela, nova representante dos Centros Comerciais Abertos de Galicia

No ámbito do comercio, o conselleiro puxo en valor o papel estratéxico dos Centros Comerciais Abertos (CCA) como motor do comercio de proximidade e da dinamización urbana. Durante o acto, o presidente da Asociación de Empresarios de Redondela anunciou unha excelente nova para o municipio:
Redondela foi designada recentemente como representante dos CCA de Galicia na Mesa do Comercio de Galicia, recoñecemento que consolida o seu liderado e o traballo desenvolvido polo sector comercial local.

Un encontro produtivo co tecido empresarial local

A sesión permitiu un diálogo directo co tecido empresarial de Redondela, que puido coñecer de primeira man as medidas da Xunta para 2026 en emprego, formación, emprendemento e comercio. Entre elas destacan:

  • A modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia, incluíndo o uso de intelixencia artificial.
  • O reforzo da Estratexia Galicia Retorna e dos programas de captación de talento exterior.
  • O impulso ao comercio local mediante axudas á dixitalización, modernización e sostibilidade, así como proxectos como Vilas Vivas, aos Centros Comerciais Abertos e a rede de Mercados Excelentes.

O conselleiro agradeceu a participación das empresas e o compromiso das entidades como a Asociación de Empresas de Redondela para a difusión destas medidas.



Galería