
A CRISE SANITARIA COVID-19. INFORMACIÓN DE INTERESE PARA EMPRESAS.
Aquí podes acceder a toda a información relevante para as empresas en relación a crise do CORONAVIRUS.
Martes, 19 de xaneiro de 2021.
O horario de peche ao público será ás 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.
Venres, 15 de xaneiro de 2021.
ORDE do 13 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
DECRETO 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
Medidas
Xerais
·
A hostalería e restauración pechará ás 18:00 horas, excepto o servicio a domicilio que si
está permitido e pode estar operativo ata as 00:00 horas e no caso da comida para recoller
no establecemento e levar a casa, ata as 21:30 horas.
· Peche dos comercios ás 21:30 horas.
·
As reunións tanto públicas como privadas
quedan limitadas a catro persoas non convivintes ata as 18:00 horas, aínda que
a recomendación principal é a de restrinxir ao máximo a interacción social,
limitándose á unidade de convivencia.
· Só unha persoas por pacente poderá facer visitas ao hospital.
·
Nas residencias sociosanitarias quedan
suprimidas as saídas dos centros aos residentes, e restrínxense as visitas a
tan só unha semanal por usuario.
·
Os universitarios que regresen ás cidades
onde estudan poderán inscribirse de novo no rexistro de viaxeiros para
solicitar unha PCR.
·
Grupo dun máximo de
catro persoas non convivintes nas actividades
deportivas non federadas, sen superar o aforo do 50%.
·
Os cines e auditorios permiten un límite máximo de 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre,
sempre sentados e coa distancia de seguridade correspondente.
·
Non haberá almendras perimetrais
con concellos limítrofes, o peche é individual. Os motivos xustificados polos
que se poderá saír dun concello pechado son:
-
Adquisición de
medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
-
Asistencia a
centros, servizos e establecementos sanitarios.
-
Asistencia a centros
de atención veterinaria por motivos de urxencia.
- Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
-
Retorno ao lugar de
residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
-
Asistencia e coidado
de maiores, menores, dependentes persoas con discapacidade ou persoas
especialmente vulnerables.
-
Por causa de forza
maior o situación de necesidade.
-
Cualquer outra
actividade de análoga natureza, debidamente xustificada.
-
Reposición en
gasolineras o estacións de servizo cando resulte imprescindible.
Nivel Máximo
O nivel máximo afectará a partir do próximo venres aos
seguintes 60 concellos, que terán peche perimetral por separado:
A Coruña:
Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo,
Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón,
Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira,
Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo y Val do Dubra.
Lugo:
Vilalba, Viveiro e Xove.
Ourense:
Barbadás, Carballiño, Verín,
Allariz, Monterrei y Xinzo de Limia.
Pontevedra:
A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela,
A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga,
Pontecesures, Caldas de Reis, Oia, Cuntis, O Rosal y Salvaterra do Miño.
Medidas extraordinarias NIVEL MÁXIMO:
· A movilidade limitarase a cada un destes concellos, o que supón que quedan illados individualmente e, polo tanto, se eliminan as almendras o agrupacións de municipios.
·
A hostalería e
restauración non terá servizo de interior e no exterior poderán atender ata as
18:00 horas. Tamén poderán ofrecer servizo a
domicilio.
·
O aforo a centros
comerciais e do 30%, prohibindo permanecer nas zonas comúns que só
servirán para o tránsito de persoas, e a hostalería estará pechada porque
considérase de interior.
·
Peche dos
establecementos de xogo.
Martes, 29 de decembro de 2020
Mércores 23 de decembro de 2020.
PUBLICADO O 27/11/2020
PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS.
NOVAS MEDIDAS NOVEMBRO 2020
Novas medidas establecidas pola ORDE do 4 de novembro de 2020 e polo DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia.
RESUMO DAS MEDIDAS ESTABLECIDAS NAS SEGUINTES DISPOSICIÓNS:
DECLARACIÓN ESTADO DE ALARMA.
25/10/2020
NOVAS MEDIDAS EN VIGOR DESDE O 22 DE OUTUBRO DE 2020.
DOG 21/10/2020
Toda Galicia: NIVEL 2 DE AFOROS E MÁXIMO 5 PERSOAS EN GRUPOS
• Reunións máximo 5 persoas, salvo convivintes.
• 50% de ocupación en interior en bares, cafeterías y restaurantes (prohibido servicio en barra), 75% de ocupación en terrazas en exterior.
• Bodas (exterior-interior): 100-50.
• Velatorios (exterior-interior): 25-10.
• Eventos deportivos (exterior-interior): 150-60.
LIMITACIÓNS DE CAPACIDADE E MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS POR SECTORES:
Ø
Establecementos e
locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais
abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.
Os
establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos
profesionais abertos ao público que non formen parte de
centros ou parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento
da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos
en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta
mesma proporción. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar
manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou,
na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso
da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade
interpersoal indicada.
Deberán
prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá
concretarse en medidas como control de accesos ou caixas de pagamento
específicos, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na
atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de
forma visible nos ditos establecementos e locais.
Ø
Actividades en academias, autoescolas e centros privados
de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa
xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades
de formación.
A actividade que se realice nestes centros poderá
impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do
cincuenta por cento respecto do máximo permitido.
Ø
Establecementos
de hostalaría e restauración.
1. Os establecementos de hostalaría e restauración non
poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade para consumo no
interior do local.
2. O consumo dentro do local poderá realizarse
unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o
mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Non
está permitido o consumo na barra.
3. As terrazas ao aire libre dos establecementos de
hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por
cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na
correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no
caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez. Consideraranse terrazas
ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto,
estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.
No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso
do Concello para incrementar a superficie destinada a terraza ao aire libre,
poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste
número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do setenta e cinco por
cento entre mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo
necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a
terraza.
4. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a
debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso,
agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou
agrupación de mesas. Todas estas persoas deberán ser conviventes naqueles
concellos onde se aplique, en virtude de orde específica da persoa titular da
consellería competente en materia de sanidade, a medida máis restritiva de
grupos constituídos só por conviventes. A mesa ou agrupación de mesas que se
utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se
respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
5. Os establecementos de hostalaría e restauración
deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que se poida permitir o
acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.
6. As medidas contidas nos números 3, 4 e 5 serán
tamén de aplicación ás terrazas dos establecementos de lecer nocturno.
Ø
Condicións para
ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.
1. A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos
turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade. Para
iso, cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos
comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as
condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima
prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima
establecidas.
2. As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de cinco persoas, sexan ou non conviventes, e incluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.
Ø
Albergues
turísticos.
Na modalidade de aloxamento turístico de albergue permitirase unha capacidade máxima do cincuenta por cento da máxima permitida.
Ø
Centros de lecer
infantil.
Os centros de lecer infantil poderán levar a cabo súa actividade cumprindo o Protocolo en materia de lecer infantil para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, aprobado pola Orde da Consellería de Sanidade, do 30 de xuño de 2020, e cunha capacidade máxima do cincuenta por cento do seu total.
Ø
Celebración de
congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos
similares.
Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebración e cun límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre. Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan. O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.
Ø
Establecementos e
locais de xogo e apostas.
1. Os establecementos de xogos colectivos
de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas
e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións
asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme esta bleza
a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre
que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.
2. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a
debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso,
agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou
agrupación de mesas, e todas elas deberán ser conviventes naqueles concellos en
que, en virtude de orde específica da persoa titular da consellería competente
en materia de sanidade, se aplique a medida máis restritiva de limitación de grupos
aos constituídos só por persoas conviventes. En calquera caso, deberase
respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta
persoas en espazos pechados.
3. Os establecementos e locais deberán pechar non máis
tarde das 00.30 horas, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente nin
expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun período máximo de desaloxo
de trinta minutos.
Ø
Limitación de
capacidade para outros locais ou
establecementos comerciais.
1. Con carácter xeral, calquera outro
local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas
condicións de capacidade nesta orde, nin en protocolos ou normativa específica
que lle sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada
ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de sesenta
persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de
actividades ao aire libre. Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata
un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata
de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde
Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas
e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou
organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun
plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento
de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da
nova normalidade por COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación
de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública,
Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan,
modifiquen ou substitúan.
O disposto neste número 1 non será de aplicación nos
establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de
primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou
sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de
peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos,
equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de
compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e
lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas
na presente orde e as medidas xerais de hixiene e protección.
2. As actividades en grupos deberán realizarse cun
máximo de cinco persoas participantes, sexan ou non conviventes e incluídos os
monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as
medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante
o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.
3. En calquera caso, poderase suspender a actividade
de calquera establecemento que, ao xuízo da autoridade competente, poida supor
un risco de contaxio polas condicións en que se estea desenvolvendo.
Medidas por localidades:
Santiago e lugar de Milladoiro na parroquia de Biduido (Ames) : NIVEL 3 DE AFOROS E GRUPOS DE SO CONVIVINTES
• Prohibidas reunións de non convivintes
• Prohibido o interior de bares e cafeterías, 50% de ocupación en terrazas.
• Vodas (exterior-interior): 50-25
• Velatorios (exterior-interior): 25-10
• Eventos deportivos (exterior-interior): 75-30
• Cines e teatros (exterior-interior): 75-30
Carballiño: NIVEL 3 CON PECHE ACTIVIDADE NON ESENCIAL
• Carballiño, O Irixo e Boborás: Xa están en nivel 3 con reunións so de convivintes e restricións de mobilidade perimetral no conxunto dos 3 concellos.
• Se acorda manter as medidas neses tres concellos e pechar todas as actividades que non sexan esenciais (alimentación, médico, estudios), é dicir pechar todo o que sexa ocio e cultura.
Ourense e Barbadás: NIVEL 3, PECHE PERIMETRAL E SO CONVIVINTES
• Mantense a situación actual
• Limitación reunións so convivintes
• Peche perimetral
Verín, Oimbra e Vilardevós: NIVEL 3, PECHE PERIMETRAL E SO CONVIVINTES
• Incorporar Oimbra e Vilardevós
• Peche perimetral no conxunto dos 3 concellos
• Reunións só convivintes
• Peche de interior de bares e cafeterías
O Barco
• Segue como estaba
DOG 18/09/2020
MEDIDAS PARA VIAXEIROS
As persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:
a) En calquera dos países do continente africano.
b) Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Aruba, Bahamas, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Panamá, Paraguai, Perú, Illas Tartarugas, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.
c) Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kirguistán, Kuwait, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.
d) Nos seguintes territorios de
Europa: Acerbaixán, Andorra, Kosovo e Montenegro.
e) Nos seguintes territorios de
Oceanía: Guam.
e) Nas comunidades autónomas de Aragón, Cantabria, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Madrid, Melilla, Murcia, Navarra, País Vasco e La Rioja
DOG 18/09/2020
Práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica.
PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/protocolo-fisicovid-dxtgalego-polo-que-se-establecen-medidas-para-facer-fronte-crise-sanitaria-ocasionada-pola-covid-19-no-ambito-do-deporte-federado-de-galicia
Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno.
DOG 11/09/2020
DOG 26/08/2020
Esta orde engade novas medidas de prevención no caso de espectáculos públicos e actividades recreativas que se celebren en establecementos ou espazos abertos ao público, rexidas pola Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
Entrada en vigor desde o xoves 27 de agosto de 2020.
Ampliación do prazo ata o 17 de agosto de 2020 en relación as convocatorias de REACTIVA COMERCIO E REACTIVA SERVIZOS E TURISMO.
MEDIDAS PARA VIAXEIROS
MEDIDAS DE PREVENCIÓN EN RELACIÓN COA CHEGADA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS
RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoal procedentes doutros territorios.
Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso
privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible
confluencia de persoas non conviventes, así como o mantemento da distancia de
seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene. Así mesmo, recomendase
limitar o número de asistentes aos mínimos posibles e que, en todo caso, non
superen as 25 persoas.
Esta axuda está destinada a autónomos que non solicitaron a prestación por cese de actividade.
Prazo de solicitude: dende o 7 de xullo ao 6 de agosto de 2020.
ERTEs fuerza mayor Covid-19, ERTEs ETOP Covid-19 e Medidas de apoyo a los trabajadores autónomos.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN ADICIONAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
O prazo de presentación comezará o 26/06/2020
O prazo de presentación finaliza o 31/07/2020
Ampliación do prazo ata o 17 de agosto de 2020.
O prazo de presentación
finaliza o 30/09/2020
O prazo de
presentación finaliza o 30/11/2020
SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS AO MANTEMENTO DOS SECTORES ECONÓMICOS POLO COVID-19 DO CONCELLO DE REDONDELA.
O DOG publica este sábado 13 de xuño a Resolución pola que se regula a nova normalidade na Comunidade Autónoma de Galicia dende o luns 15 de xuño de 2020. RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
As medidas dispostas no BOE polo Goberno para a Transicón hacia a Nova Normalidade veñen resuladas polo Real Decreto-ley 21/2020, de 9 de junio, de medidas urgentes de prevención, contención y coordinación para hacer frente a la crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.
NORMATIVA DA NOVA NORMALIDADE NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
LUNS, 15 DE XUÑO DE 2020.
Resumimos as medidas de prevención
necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a
superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e
ata o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de
interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de
2020 reguladas pola RESOLUCIÓNdo 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade,pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 dexuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crisesanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para atransición cara a unha nova normalidade.
Restablecemento de determinadas actividades
suspendidas:
Sempre que a evolución da situación
epidemiolóxica así o aconselle, a Administración autonómica poderá permitir o
restablecemento, a partir do 1 de xullo,
das actividades que se indican a continuación, nas condicións que previamente
ela estableza:
a) Os establecementos que se destinen a
ofrecer xogos e atraccións recreativas deseñados especificamente para público
de idade igual ou inferior a 12 anos, espazos de xogo e entretemento, así como
a celebración de festas infantís.
b) Os locais de discotecas e demais
establecementos de lecer nocturno, sen prexuízo da apertura das terrazas ao
aire libre regulada no punto 3.34 do anexo.
c) As festas, verbenas e outros eventos
populares, así como as atraccións de feiras.
Medidas de hixiene
exixibles aos establecementos e locais con apertura ao público.
1. Os establecementos e locais que
abran ao público realizarán, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e
desinfección das instalacións, con especial atención ás zonas de uso común e ás
superficies de contacto máis frecuentes, conforme o establecido na letra a) do
número 2.1.
2. Revisarase frecuentemente o
funcionamento e a limpeza de sanitarios, billas e pomos de porta dos aseos nos
establecementos e locais con apertura ao público.
3. Durante todo o proceso de atención
ao usuario ou consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal
co vendedor ou provedor de servizos, que poderá ser dun metro cando se conte
con elementos de protección ou barreira.
No caso de servizos que non permitan o
mantemento da distancia de seguridade interpersoal, deberase utilizar o
equipamento de protección adecuado ao nivel de risco que asegure a protección
tanto do traballador como do cliente.
Medidas adicionais
aplicables a centros comerciais e parques comerciais abertos ao público.
Ademais do disposto, os centros e
parques comerciais abertos ao público deberán cumprir as condicións seguintes:
a) O uso de aseos familiares e salas de
lactación restrinxirase a unha única familia, non poderán compaxinar o seu uso
dúas unidades familiares e deberase reforzar a limpeza e desinfección dos
referidos espazos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.
b) O uso dos aseos e salas de lactación
comúns dos centros e parques comerciais deberá ser controlado polo persoal
destes, e deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos espazos
garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.
c) Deberase proceder diariamente á
limpeza e desinfección das zonas comúns e zonas recreativas dos centros e
parques comerciais, como de maneira regular durante o horario de apertura,
prestando especial atención ás áreas de contacto das zonas comúns, tales como
chans, mostradores, xogos das zonas infantís e bancos ou cadeiras.
Medidas adicionais
aplicables a dispositivos de venda e cobro automático, máquinas expendedoras e
de cobro, lavanderías autoservizo e actividades similares.
No caso de dispositivos de venda e
cobramento automático, máquinas expendedoras e de cobramento, lavandarías
autoservizo e outras actividades similares, o seu titular deberá asegurar o
cumprimento das medidas de hixiene e desinfección adecuadas tanto das máquinas
como dos establecementos e locais, así como informar os usuarios do seu
correcto uso mediante a instalación de cartelaría informativa. Nas tarefas de
limpeza prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de
contacto máis frecuentes e deberanse realizar tarefas de ventilación periódica
nas instalacións e, como mínimo, de forma diaria e durante o tempo necesario
para permitir a renovación do aire. Fomentarase o pagamento con tarxeta ou
outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos. Deberase
dispor de papeleiras onde poder depositar panos e calquera outro material
desbotable. As ditas papeleiras deberanse limpar de forma frecuente e, polo
menos, unha vez ao día.
Medidas relativas á hixiene dos
clientes e usuarios en establecementos e locais.
1. O tempo de permanencia nos
establecementos e locais será o estritamente necesario para que os clientes ou
usuarios poidan realizar as súas compras ou recibir a prestación do servizo.
2. Deberá sinalarse de forma clara a
distancia de seguridade interpersoal entre clientes ou usuarios, con marcas no
chan, ou mediante o uso de balizas, cartelaría ou sinalización. Poderanse
establecer no local itinerarios para dirixir a circulación de clientes ou
usuarios para evitar aglomeracións en determinadas zonas e previr o contacto
entre clientes.
3. Deberanse pór á disposición do
público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con
actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, en lugaresaccesibles
e visibles, e, en todo caso, na entrada do local ou establecemento, e deberán
estar sempre en condicións de uso.
4. Non se poderán pór á disposición do
público produtos de uso e proba que impliquen manipulación directa por
sucesivos clientes ou usuarios, sen supervisión de xeito permanente dun
traballador que poida proceder á súa desinfección tras a manipulación do
produto por cada cliente ou usuario.
5. Nos establecementos do sector
comercial téxtil, de arranxos de roupa e similares, os probadores deberaos
utilizar unha única persoa e deberá procederse a unha limpeza e desinfección
frecuente destes espazos. No caso de que un cliente probe unha peza que
posteriormente non adquira, o titular do establecemento implementará medidas
para que a peza sexa hixienizada antes de que sexa facilitada a outros
clientes. Esta medida será tamén aplicable ás devolucións de pezas que realicen
os clientes.
6. No caso de utilización de obxectos
que se intercambien entre os clientes ou usuarios, procurarase o uso de forma
recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e
posterior ao seu uso. No entanto, estableceranse os mecanismos e procesos
oportunos para garantir a hixienización destes obxectos.
7. Deberase proceder á limpeza e
desinfección frecuente de calquera tipo de dispositivo, así como de cadeiras,
mesas ou calquera outro mobiliario ou superficie de contacto que empreguen
distintos usuarios.
Medidas de hixiene e
prevención na prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e
restauración.
Ademais das indicadas, na prestación do
servizo nos establecementos de hostalería e restauración deberán respectarse as
seguintes medidas de hixiene e prevención:
a) Limpeza e desinfección do
equipamento, en particular mesas, cadeiras, barra, así como calquera outra
superficie de contacto, de forma frecuente. Así mesmo, deberase proceder á
limpeza e desinfección do local polo menos unha vez ao día. Nas tarefas de
limpeza prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de
contacto máis frecuentes, conforme o establecido na letra a) do número 2.1.
b) Priorizarase a utilización de
mantelarías dun só uso. No caso de que isto non fose posible, deberá evitarse o
uso da mesma mantelaría ou gardamanteis con distintos clientes, optando por
materiais e solucións que faciliten o seu cambio entre servizos e o seu lavado
mecánico en ciclos de lavado entre 60 e 90 graos centígrados.
c) Procurarase evitar o emprego de
cartas de uso común, promovendo o uso de dispositivos electrónicos propios,
encerados, carteis ou outros medios similares.
d) Os elementos auxiliares do servizo,
como a vaixela, cristalaría, xogos de cubertos ou mantelaría, entre outros,
almacenaranse en recintos pechados e, se isto non fose posible, lonxe de zonas
de paso de clientes e traballadores.
e) Priorizarase o uso de produtos monodose
desbotables, ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente, para
dispensación de panos de mesa, escarvadentes, vinagreiras, aceiteiras e outros
utensilios similares.
f) Nos establecementos que conten con
zonas de autoservizo, deberá evitarse a manipulación directa dos produtos por
parte dos clientes, polo que deberá prestar o servizo un traballador do
establecemento, salvo no caso de que se trate de produtos envasados
previamente.
g) Se o uso dos aseos ou similares está permitido por clientes, visitantes ou usuarios, a súa ocupación máxima será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso tamén se permitirá a utilización por parte do seu acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e urinarios que teña a estancia, e deberá manterse durante o seu uso a distancia de seguridade. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos aseos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.
h) O persoal traballador que realice o
servizo en mesa e en barra deberá procurar a distancia de seguridade co cliente
e aplicar os procedementos de hixiene e prevención necesarios para evitar o
risco de contaxio. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para o
persoal destes establecementos na súa atención ao público.
LIMITACIÓNS DE CAPACIDADE
E MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS POR SECTORES
Medidas en materia de control de
capacidade.
1. Os establecementos, instalacións e
locais deberán expor ao público a capacidade máxima, que deberá incluír os
propios traballadores e asegurar que a dita capacidade e a distancia de
seguridade interpersoal se respecta no seu interior, polo que se deberán establecer
procedementos que permitan o reconto e control da capacidade, de forma que esta
non sexa superada en ningún momento.
2. A organización da circulación de
persoas e a distribución de espazos deberá procurar a posibilidade de manter a
distancia de seguridade interpersoal. Na medida do posible estableceranse
itinerarios para dirixir a circulación de clientes e usuarios e evitar
aglomeracións en determinadas zonas, tanto no interior como no exterior, e
previr o contacto entre eles. Cando se dispoña de dúas ou máis portas,
procurarase establecer un uso diferenciado para a entrada e a saída, co obxecto
de reducir o risco de formación de aglomeracións.
3. Cando se dispoña de aparcamentos
propios para traballadores e usuarios, establecerase un control de accesos para
mellor seguimento das normas de capacidade. Na medida do posible as portas que
se atopen no percorrido entre o aparcamento e o acceso á tenda ou aos
vestiarios dos traballadores disporán de sistemas automáticos de apertura ou
permanecerán abertas para evitar a manipulación dos mecanismos de apertura.
4. De ser o caso, o persoal de
seguridade velará para que se respecte a distancia interpersoal de seguridade e
evitará a formación de grupos numerosos e aglomeracións, prestando especial
atención ás zonas de escaleiras mecánicas, ascensores, zonas comúns de paso e
zonas recreativas.
5. En caso necesario, poderanse
utilizar valos ou sistemas de sinalización equivalentes para un mellor control
dos accesos e xestión das persoas par os efectos de evitar calquera
aglomeración.
6. En calquera caso, a sinalización de
percorridos obrigatorios e independentes ou outras medidas que se establezan
realizaranse tendo en conta o cumprimento das condicións de evacuación
exixibles na normativa aplicable.
Medidas para a entrada,
saída e circulación de público espectador ou asistente en establecementos.
1. Recomendarase a venda en liña da entrada
e, en caso de compra en billeteira, fomentarase o pagamento con tarxeta ou
outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos.
2. Procurarase sempre que os
espectadores ou asistentes estean sentados e manteñan a distancia interpersoal
de seguridade fixada, salvo que o tipo de actividade non o permita.
3. Recoméndase, en función das
características da actividade e do local pechado ou do espazo ao aire libre en
que se desenvolva, que todas as entradas e os asentos estean debidamente numerados,
e deberán inhabilitarse as butacas que non cumpran cos criterios de
distanciamento físico, así como as non vendidas. Evitarase, no posible, o paso
de persoas entre filas que supoña non respectar a distancia de seguridade.
4. A apertura de portas realizarase con
antelación suficiente para permitir un acceso graduado, polo que se deberán
fixar franxas horarias adecuadas para o acceso. A saída do público deberá
realizarse de forma graduada por zonas, garantindo a distancia entre persoas.
5. Nos espectáculos en que existan
pausas intermedias, estas deberán ter a duración suficiente para que a saída e
a entrada durante o descanso tamén sexa graduada e cos mesmos condicionamentos
que a entrada e saída de público.
6. Utilizarase a máscara cando non se
poida garantir a distancia de seguridade interpersoal e durante todo o tempo de
circulación entre espazos comúns e nos momentos de entrada e saída.
7. Facilitarase a agrupación de
conviventes, mantendo a debida distancia de seguridade co resto dos
espectadores.
8. Realizaranse, antes e logo da
actividade de que se trate, avisos que anuncien e recorden as medidas de
hixiene e distanciamento e o escalonamento na saída do público.
9. Procurarase manter a distancia de
seguridade interpersoal entre os traballadores e o público ou, na súa falta,
utilizaranse medidas alternativas de protección física con uso de máscara.
Establecementos e locais
comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao
público que non formen parte de centros o parques comerciais
1. Os establecementos e locais
comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao
público que non formen parte de centros o parques comerciais non poderán
superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade total. No caso de
establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de
clientes en cada unha delas deberá gardar esta mesma proporción. Deberán
establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de
seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a
utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.
2. Procurarase a atención con servizo
preferente para maiores de 65 anos.
Establecementos que teñan
a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.
1. Nos centros ou parques comerciais no
poderá superarse o 50 por cento da capacidade nas súas zonas comúns e
recreativas determinada no Plan de autoprotección de cada centro ou parque
comercial.
2. Os establecementos e locais
comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao
público situados en centros e parques comerciais non poderán superar o setenta
e cinco por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais
distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada unha delas
deberá gardar esta mesma proporción.
3. Deberanse establecer as medidas
necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos
locais e establecementos e nas zonas comúns e recreativas, como poden ser zonas
infantís ou áreas de descanso ou, na súa falta, a utilización de medidas
alternativas de protección física con uso de máscara, así como evitar as
aglomeracións de persoas que comprometan o cumprimento destas medidas.
4. Procurarase a atención con servizo
preferente para maiores de 65 anos.
Mercados que desenvolven
a súa actividade na vía pública.
1. No caso dos mercados que desenvolven
a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria,
coñecidos como mercadillos, non poderán superar o setenta e cinco por cento dos
postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira
que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal. Os
concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para
o exercicio desta actividade para compensar esta limitación. Á hora de
determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o concello
poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira
necesidade, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados neles
por parte dos consumidores. Os concellos establecerán requisitos de distanciamento
entre postos e condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar
manter a distancia de seguridade interpersoal entre traballadores, clientes e
viandantes ou, na súa falta, será precisa a utilización de medidas alternativas
de protección física con uso de máscara.
2. Durante todo o proceso de atención
ao consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal
establecida entre o vendedor e o consumidor, que poderá ser dun metro cando se
conte con elementos de protección ou barreira.
3. Deberá sinalarse de forma clara a
distancia de seguridade interpersoal entre clientes, con marcas no chan ou
mediante o uso de balizas, cartelaría e sinalización para aqueles casos en que
sexa posible a atención individualizada de máis dun cliente ao mesmo tempo.
4. Recoméndase a posta á disposición de
dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade
viricida debidamente autorizados e rexistrados nas inmediacións dos mercados ao
aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública.
5. Realizarase, polo menos unha vez ao
día, unha limpeza e desinfección das instalacións con especial atención ás
superficies de contacto máis frecuentes, especialmente mostradores e mesas ou
outros elementos dos postos, anteparos, de ser o caso, teclados, terminais de
pagamento, pantallas táctiles, ferramentas de traballo e outros elementos
susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aqueles utilizados
por máis dun traballador.
6. Procurarase evitar a manipulación
directa dos produtos por parte dos clientes.
Actividades en academias,
autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.
1. A actividade que se realice en
academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de
formación non incluídos no ámbito de aplicación do artigo 9 do Real decreto lei
21/2020, de 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e
coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19,
inscritos no correspondente rexistro, poderá impartirse dun modo presencial
sempre que non se supere unha capacidade do setenta e cinco por cento respecto
do máximo permitido e cun máximo de ata vinte e cinco persoas.
2. Deberán establecerse as medidas
necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas
instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de
protección física con uso de máscara.
3. No caso de utilización de vehículos
será obrigatorio o uso de máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado
ou o resto de ocupantes do vehículo.
Establecementos de
hostalaría e restauración.
1. Os establecementos de hostalaría e
restauración non poderán superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade
para consumo no interior do local.
2. O consumo dentro do local poderá
realizarse en barra ou sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase
asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre
clientes ou, de ser o caso, grupos de clientes situados na barra ou entre as
mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas.
3. As terrazas ao aire libre dos
establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao
oitenta por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base
na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no
caso que a licenza sexa concedida por primeira vez. Consideraranse terrazas ao
aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea
rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos. No
caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do
concello para incrementar a superficie destinada á terraza ao aire libre,
poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste
número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do oitenta por cento entre
mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo necesario para a
circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.
4. En todo caso, deberá asegurarse que
se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de
ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de vinte e cinco
persoas por mesa ou agrupación de mesas.
Condicións para ocupación
de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.
1. A ocupación das zonas comúns dos
hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o setenta e cinco por cento
da súa capacidade. Para iso cada establecemento deberá determinar a capacidade
dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán
realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a
capacidade máxima previsto e de acordo coas medidas de hixiene, protección e
distancia mínima establecidas.
2. As actividades de animación ou
clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de
vinte e cinco persoas. Deberase respectar a distancia de seguridade
interpersoal entre as persoas que asistan á actividade e entre estes e o animador
ou adestrador, ou utilizar máscaras na súa falta. As actividades de animación
ou clases grupais realizaranse preferentemente ao aire libre e procurarase
evitar o intercambio de material.
3. Realizarase a correspondente
desinfección de obxectos e material utilizado nas actividades de animación logo
de cada uso e disporase de xel hidroalcohólico ou desinfectantes con actividade
viricida debidamente autorizados e rexistrados.
4. No caso de instalacións deportivas
de hoteis e aloxamentos turísticos, tales como piscinas ou ximnasios,
aplicaranse as medidas establecidas especificamente para estas. Determinaranse
por cada establecemento as directrices e recomendacións para o seu uso, de
acordo coas normas de prevención e hixiene previstas neste acordo, e garantirase
o seu coñecemento por parte dos usuarios.
Albergues turísticos
1. Na modalidade de aloxamento
turístico de albergue, polas súas especiais características, permitirase unha
capacidade máxima do cincuenta por cento da súa capacidade total.
2. As persoas titulares do
establecemento adoptarán as medidas organizativas oportunas para evitar
aglomeracións e para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal no
interior dos establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas
alternativas de protección física dos clientes entre si mesmos e destes con
respecto dos traballadores con uso de máscara.
3. Ademais do cumprimento xeral das
medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento
se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación
deste axustaranse ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos
establecementos de hostalaría e restauración.
Centros de lecer
infantil.
Permanecerán pechados os
establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas
deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos,
espazos de xogo e entretemento, así como a celebración de festas infantís. Non
obstante, sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a
súa actividade poderá restablecerse cando a Administración autonómica así o
permita, de conformidade co establecido no punto cuarto do acordo polo que se
aproban as medidas contidas neste anexo.
Celebración de congresos, encontros,
reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares
1. Poderanse celebrar congresos,
encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares
promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que
non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade permitida do lugar de
celebración e cun límite máximo de trescentas persoas sentadas para lugares
pechados e de mil persoas sentadas tratándose de actividades ao aire libre. O
recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais,
xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.
2. Deberán establecerse as medidas
necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal durante
a súa celebración ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de
protección física con uso de máscara.
3. Ademais do cumprimento xeral das
medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que se preste algún
tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao
previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de
hostalaría e restauración.
Discotecas e resto de
establecementos de lecer nocturno.
1. Os locais de discotecas e demais
establecementos de lecer nocturno poderán manter abertas ao público
exclusivamente as terrazas ao aire libre, para consumo sentado en mesa, nas
condicións que se indican a continuación. Non obstante, sempre que a evolución
da situación epidemiolóxica así o aconselle, o resto da súa actividade poderá
restablecerse cando a Administración autonómica así o permita, de conformidade
co establecido no punto cuarto do acordo polo que se aproban as medidas
contidas neste anexo.
2. As terrazas ao aire libre destes
establecementos limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das
mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente
licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso que a
licenza sexa concedida por primeira vez. Consideraranse terrazas ao aire libre
todo espazo exterior ao local non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto,
estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.
En todo caso, deberá asegurarse que se
mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser
o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de vinte e cinco persoas
por mesa ou agrupación de mesas.
3. Ademais do cumprimento xeral das
medidas de hixiene e prevención establecidas, deberán aplicarse as condicións
previstas especificamente para a prestación do servizo nos establecementos de
hostalaría e restauración.
Fonte: Publicado o: 18/06/2020
Fonte: Publicado o: 12/06/2020
Fonte: Publicado o: 12/06/2020
Fonte: Publicado o: 10/06/2020
Fonte: Publicado o: 10/06/2020
Fonte: Publicado o: 09/06/2020
Fonte: Publicado o: 04/06/2020
Fonte: Publicado o: 04/06/2020
Fonte: Publicado o: 02/06/2020
Fonte: Publicado o: 01/06/2020
Fonte: Publicado o: 29/05/2020
Fonte: Publicado o: 28/05/2020
Fonte: Publicado o: 28/05/2020
Fonte: Publicado o: 28/05/2020
Fonte: Publicado o: 27/05/2020
Fonte: Publicado o: 26/05/2020
Fonte: Publicado o: 26/05/2020
Fonte: Publicado o: 25/05/2020
Fonte: Publicado o: 25/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 19/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 19/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 19/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 19/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 14/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 14/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 14/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 13/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 11/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 11/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 09/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 08/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 06/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 05/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 05/05/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 28/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 28/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 27/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 23/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 21/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 15/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 14/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 08/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 08/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 07/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 02/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 02/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 01/04/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 31/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 30/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 30/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 27/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 27/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 26/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 25/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 24/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 22/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 18/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 16/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 15/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 13/03/2020
Fonte: DOG (Galego)Publicado o: 12/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 06/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 06/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 04/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 02/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/06/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 20/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 20/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 20/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 13/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 06/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 06/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 05/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 05/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 04/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 04/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 02/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/05/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 23/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 14/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 09/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 08/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 07/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 07/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 07/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 03/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 01/04/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 30/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020
- Real
Decreto 476/2020, de 27 de marzo, por el que se prorroga el estado de
alarma declarado por el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que
se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis
sanitaria ocasionada por el COVID-19 (BOE 28 de marzo de 2020).
Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 28/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 27/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 26/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 25/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 24/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 22/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 21/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 20/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 19/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 18/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 18/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 18/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 17/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 17/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 16/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 15/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 14/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 13/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 12/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 11/03/2020
Fuente: BOEPublicado el: 10/03/2020