2-PORTADA-SECUNDARIA.jpg

AXUDAS PARA OS ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

ORDE do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para os establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónomade Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código deprocedemento PR471C).




ORDE do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para os establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónomade Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código deprocedemento PR471C). 



Beneficiarios.

Persoas físicas e xurídicas que exerzan a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno (establecementos de lecer nocturno as discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas) e resulten afectados pola paralización desta como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención e contención da evolución do brote de COVID-19.


Límites máximos dos importes da axuda:

Establecementos cunha superficie de máis de 1.000 m²: 35.000 euros de axuda por solicitude.

II. Establecementos cunha superficie de entre 500 a 1.000 m²: 30.000 euros de axuda por solicitude.

III. Establecementos cunha superficie de entre 250 a 499 m²: 20.000 euros de axuda por solicitude.

IV. Establecementos cunha superficie de entre 100 a 249 m²: 15.000 euros de axuda por solicitude.

V. Establecementos cunha superficie de menos de 100 m²: 7.500 euros de axuda por solicitude.


Documentación complementaria:

a) Copia do documento acreditativo de que o solicitante exercía a explotación económica do establecemento no exercicio 2020 e continúa coa dita explotación económica no exercicio 2021.

b) Copia do título habilitante do correspondente concello (licenza, comunicación previa ou declaración responsable) que acredite a condición do establecemento como de lecer nocturno.

c) Copia de calquera documento que acredite a superficie do establecemento (recibo do IBI, licenza, declaración responsable, comunicación previa, proxecto técnico, memoria técnica, informe técnico, etc.).

d) Copia da documentación acreditativa da representatividade que ostenta no suposto de tratarse de persoas xurídicas.