A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA REFORZA OS BENEFICIOS PARA O TECIDO EMPRESARIAL CUN NOVO CONVENIO CON VITALDENT
O acordo amplía as vantaxes dispoñibles para empresas e cadros de persoal, incorporando servizos profesionais en condicións preferentes.
A Asociación de Empresas de Redondela vén de formalizar
un novo convenio de colaboración con Vitaldent
Redondela, co obxectivo de ampliar os servizos e beneficios
dispoñibles para as empresas asociadas e os seus equipos profesionais. O acordo
permite acceder a condicións preferentes en tratamentos e servizos
especializados, contribuíndo ao benestar das persoas traballadoras e á mellora
da súa calidade de vida.
O convenio inclúe descontos
exclusivos do 15%, así como servizos con prestacións gratuítas,
entre elas a primeira consulta, radiografía e revisións periódicas. Ademais,
Vitaldent ofrece condicións especiais segundo o tipo de tratamento, mantendo un
enfoque baseado na atención personalizada, a tecnoloxía avanzada e a
proximidade co paciente.
A clínica, que abriu recentemente en Redondela, conta cun
equipo profesional especializado en implantoloxía, ortodoncia invisible,
estética dental, endodoncia e periodoncia, empregando ferramentas de última
xeración como TAC e escaneado intraoral 3D, que permiten diagnósticos máis
precisos e tratamentos minimamente invasivos.
Este acordo reforza tamén o compromiso de Vitaldent coa
comunidade local, participando en accións de prevención, programas de educación
en saúde e iniciativas dirixidas a colectivos específicos, como persoas maiores
ou alumnado dos centros educativos.
Desde a Asociación de Empresas de Redondela destacan que
este convenio “supón
un paso máis na aposta por ofrecer servizos de valor ás empresas asociadas,
facilitando recursos que melloran a saúde e o benestar das persoas asociadas e
dos seus equipos”.
As empresas interesadas poden contactar coa asociación no
986 40 40 12 ou directamente con
Vitaldent Redondela no teléfono 986
61 87 04 para obter máis información sobre as vantaxes
incluídas no convenio.