EMPRESAS DE SECTORES ESTRATÉXICOS DE REDONDELA BUSCAN NOVOS PROFESIONAIS E O PRAZO ESTÁ A PIQUES DE PECHAR
As empresas de sectores estratéxicos de Redondela ábrense ao talento novo. O programa conta coa reserva de 2 prazas para colectivos vulnerables.
A Asociación de Empresarios de Redondela anuncia a recta
final do prazo de inscrición no programa “Fórmate na Empresa”, a iniciativa
que conecta directamente a mocidade coa realidade laboral das compañías locais
de sectores estratéxicos. As empresas participantes xa están a preparar os seus
postos para acoller ás persoas que resulten seleccionadas, segundo os criterios
de baremación establecidos na convocatoria
Posto nos que quedan prazas:
| OPERARIO DE PRODUCCIÓN |
| TÉNCICO/A AUXILIAR DEPARTAMENTO RRHH |
| PROGRAMADOR 3D |
| TÉNCICO/A ADMINISTRATIVO/A FACTURACIÓN |
| TÉNCICO/A ADMINISTRATIVO/A CONTABLE |
| DEPENDENTE/A |
| PULIDOR/A MONTADOR |
| AUXILIAR SOCIOSANITARIO/A |
| ELECTROMECÁNICO |
En total quedan dispoñibles 12 prazas en empresas de
sectores estratéxicos
As
empresas xa confirmaron postos en áreas como:
microbioloxía, programación 3D, administración, electromecánica, contabilidade,
seccións frescas de alimentación, operario/a de almacén, dependente/a, montaxe
e pulido, RRHH, produción industrial, atención sociosanitaria, entre outros.
Unha oportunidade real
de acceso ao mercado laboral
O programa, impulsado pola Asociación de Empresarios de
Redondela e financiado pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de
Xuventude, ofrece estadías formativas en empresas vinculadas a sectores
económicos estratéxicos de Galicia.
As prácticas teñen unha duración máxima de 4 meses, cunha dedicación de 4
días á semana e un mínimo de 100 horas mensuais.
As persoas participantes recibirán unha bolsa de
formación de 690,66 € ao mes, ampliable con:
- +100
€ por custos de desprazamento
- +100
€ adicionais no caso de persoas con discapacidade
igual ou superior ao 33%
Ademais, contarán cunha persoa titora, un plan
formativo complementario de 20 horas e 45 horas de formación transversal
en habilidades para o emprego.
Requisitos de
participación
Poden inscribirse mozos e mozas que:
- Teñan
entre 18 e 30 anos
- Estean
empadroados en Galicia cun ano de antigüidade
- Figuren
como beneficiarios no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- Teñan
finalizados os seus estudos, de calquera nivel académico
Prazo e inscricións
As
persoas interesadas poden presentar a súa candidatura a través da web da
Asociación: