A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA PRESENTA EN CHAPELA PRESENTA “UNHA FIESTRA ABERTA AO MAR”: UNHA SEMANA PARA CELEBRAR A CULTURA, O COMERCIO E A IDENTIDADE LOCAL
Unha oportunidade única para descubrir as fiestras ao mar que se agochan en cada establecemento de Chapela.
A Asociación de Empresarios de Redondela, coa colaboración do Servizo de Normalización lingüística do Concello de Redondela, presenta na parroquia de Chapela a campaña “Chapela: Unha fiestra aberta ao mar”, unha iniciativa que nace coa vontade de converterse nun evento anual de referencia, coincidindo coa celebración do Día de Rosalía de Castro e enmarcada no reto da Semaniña enteira dedicada a promover o uso da lingua galega.
A proposta, impulsada pola Asociación de Empresarios de Redondela, busca reforzar a identidade cultural da parroquia ao tempo que dinamiza o seu tecido comercial e hostaleiro. Chapela conta cunha forte personalidade social e cultural, articulada arredor dun espazo simbólico central: a Alameda Rosalía de Castro. Aproveitando esta referencia, a Semana de Rosalía de Chapela propón un programa que combina actividades culturais, gastronómicas e comerciais, co obxectivo de atraer público da propia parroquia, de Redondela, de Vigo e da contorna.
Impulso ao comercio e á hostalaría local: A campaña busca tamén fortalecer o comercio de proximidade e a hostalaría de Chapela, promovendo a colaboración entre establecementos e creando un ambiente festivo que incentive o consumo local. A Semana de Rosalía converterase así nun escaparate da vitalidade económica da parroquia e nunha oportunidade para que veciñanza e visitantes redescubran o seu tecido empresarial, no que participan case 30 establecementos.
Os establecen locen una decoración especial con grandes flores evocadoras
da camelia como símbolo de identidade da campaña.
A hostalaría achéganos “literarias propostas gastronómicas” con unha clara evocación a obra de Rosalía como por exemplo este prato: “Negra Sombra” presentado por o Restaurante A Chabola. Pódense degustar as proposta de un total de 7 establecementos hostaleiros durante toda esta semana.
Un evento chamado a
consolidarse: A Asociación de Empresarios de Redondela subliña que
esta primeira edición é só o inicio dun proxecto máis amplo, pensado para
medrar ano tras ano e consolidarse como unha cita fixa no calendario cultural
da comarca.