BANNER--XUNTA-reparto-de-mascarillas.jpg

REPARTO DE MASCARILLAS PARA SECTORES CON ACTIVIDADE

A xunta ven de informar que subministrará a prezo de custo máscaras e guantes a empresas e autónomos dos sectores esenciais que así o soliciten

 

A Administración autonómica encargarase da subministración ante a imposibilidade de que moitas pequenas e grandes empresas poidan conseguir material de protección polos seus propios medios no mercado

Segundo se recolle na nota a Xunta de Galicia subministrará máscaras e guantes ás empresas e os autónomos que o soliciten, ante a imposibilidade de que moitas delas poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado. De feito, o material será facilitado ao mesmo prezo que o adquira a Xunta.

O reparto de material de protección chegará a sectores como o alimentario e as distribuidoras, a metalurxia, a construción, a enxeñería, a madeira, a pizarra e o granito, as enerxías renovables, as cooperativas agrarias, os call center, autónomos e comerciantes.

A distribución realizarase a través dos clústers e asociacións que representan aos sectores beneficiados pola medida.





MASCARILLAS QUIRURXICAS (PACKS DE 50 UNIDADES) 

PREZO UNITARIO= 0,36€

PREZO PACK= 18€



FORMULARIO DE SOLICITUDE 


 


Para calquera dúbida pode enviarnos un correo a aer@empresasredondela.gal. 

Tamén podes empregar a sección de comentarios que aparece aquí.


Participa

Deixa o teu comentario

A túa dirección de correo electrónico non será publicada.




Enviar