BANNER-WEB-HOSTELERIA-SEGURA.jpg

PLAN HOSTALARÍA SEGURA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA




 

·        ORDE do 14 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia 

 

·        ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia 

 

·        ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia. 



Novas medidas 11/06/2021 

Hoxe xa e posible optar pola ampliación de horario ata a 1:00h



Para o nivel MEDIO BAIXO e estas son as principais medidas:



- Terraza ao 75%

- Servizo interior 50%

- Non se poderá prestar servizo na barra

- 6 persoas no interior por mesa ou agrupación de mesas

- 15 persoas na terrraza por mesa ou agrupación de mesas

- Horario xeral de peche ata as 23:00h e os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1:00 deberán cumplir as medidas establecidas no PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA.

- Non poderán admitirse novos clientes a partir das 00:00h.


MEDIDAS PLAN HOSTALARÍA SEGURA PARA ESTABLECEMENTOS QUE UTILICEN A OPCIÓN DE AMPLIAR O HORARIO:


  • A xestión da ocupación das mesas para o servizo de ceas deberá levarse a cabo mediante a reserva ou citación previa.
  • Co obxectivo de facilitar o seguimento de contactos ante casos positivos de COVID-19, levarase un rexistro dos clientes do servizo de ceas que inclúa nome e apelidos, DNI e número de teléfono; a persoa responsable do establecemento terá a obriga de custodialo durante polo menos un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.
  • Garantirase a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2 , que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.

 A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e  a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.

No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.

Tanto nos casos de ventilación natural coma nos de mecánica ou mixta, non se deberán superar no interior as 800 p.p.m. de concentración de CO2 , será responsabilidade do local adoptar as medidas precisas de renovación do aire para que non se supere a cifra indicada».





PLAN HOSTALARÍA SEGURA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA


1. Os establecementos deberán expoñer, nun lugar visible tanto para clientes como para autoridades sanitarias, os aforos máximo interior e exterior, a porcentaxe máxima de uso establecido en cada momento e o aforo máximo interior e exterior resultado da aplicación da porcentaxe.


2. Para facilitar o coñecemento de cumplimento das reglas de aforo as persoas usuarias e traballadoras, as mesas e sillas montadas deberán corresponder cos aforos permitidos en condicións normais, e se procede a inutilizar, mediante bandas ou adhesivos, as mesas e sillas que sexa necesario para que só poidanse utilizar as correspondentes ás porcentaxes de uso.


3. A persoa titular do establecemento obterá un código QR na seguinte ligazón.


4. A implantación do Plan de hostalaría segura establece un plan de control e inspección. Os  Concellos efectuarán visitas de inspección co obxeto de control e comprobación do cumprimento das seguintes medidas:

- Que expuseron no exterior do local o aforo máximo permitido de acordo aos modelos de cartelería posto a disposición polas autoridades sanitarias.

- Que se cumpre a porcentaxe máxima de aforo establecida en cada momento durante a situaciñon da pandemia.

- Que a apertura e o peche do establecemento están dentroo do horario establecido.

- Que os clientes e os empregados do local cumpren as medidas de seguridade interpersoal en canto as distancias e ao uso de máscara.




MODELOS DE CARTEIS: