web 0.jpg

O MELLOR DA FEIRA DE OPORTUNIDADES E O MELLOR DA SHOPPING NIGHT NUN EVENTO ÚNICO, CHEGAN A REDONDELA OS “SHOPPING DAYS”.

Os días 9 e 10 de outubro o comercio de Redondela celebra os Shopping Days.

Un novo formato de promoción comercial que combina o mellor da Feira de Oportunidades co mellor da Shopping Night, chega ao comercio Redondela. Trátase dun evento único que achegará á clientela a posibilidade de acceder as mellores ofertas da Feira de oportunidades e aos descontos da estrea da nova tempada: os “SHOPPING DAYS”

 

O formato desta promoción está especialmente pensado para “tempos COVID” no que se combinará a venda presencial coa venda on line. A clientela poderá acceder a produtos e ofertas tamén dende a súa casa, ou calquera outro lugar, mercado ou reservando online. Por outra parte a venda presencial combinará a venda na rúa ocupando o exterior e lugares anexos ao comercios e os propios establecementos.

 

Para unha maior comodidade e seguridade durante a xornada do sábado 10 os establecementos permanecerán abertos en horario continuado de 10:00 a 22:00 horas.

 

 As xornada de venda presencial celebraranse os días 9 e 10 de outubro. O sábado, que será o día no que a venda na rúa será a protagonista da xornada poderemos realizar as compras en horario continuado e ata as 22:00h. A sección “outlet” terá descontos que chegarán ata o 70% e a sección de “nova tempada” terá descontos que oscilarán entre o 10 e ó 20%.  A venda on line terá unha duranción máis prolongada, e estará activa ata o 20 de outubro na sección outlet.

 

Para crear espazos de compra segura e garantir a seguridade e distanciamento social os espazos de venda estarán dotados con material seguridade COVID-19 en cada punto de venda e as tendas adaptarán os espazos interiores con probadores co oportuno distanciamento e a desinfección das prendas cando así sexa pertinente.

 

O evento é organizado de forma conxunta pola Asociación de Empresarios e o Concello de Redondela e pretende dar unha resposta adaptada ao novo contexto xerado pola crise sanitaria, asumindo o Concello o peso económico da organización.