2-PORTADA-SECUNDARIA.jpg

MEDIDAS DE PREVENCIÓN EN RELACIÓN COA CHEGADA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS

Resumo ORDE do 27 de xullo de 2020 Resumo RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2020

ORDE do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.


Medidas aplicables ás persoas con sintomatoloxía compatible co COVID-19

1. Calquera persoa que chegue á Comunidade Autónoma de Galicia e que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, deberá permanecer no seu domicilio ou no lugar de aloxamento e comunicalo ao Servizo Galego de Saúde coa maior brevidade.

No caso de persoas non residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, estas deberán chamar ao teléfono 881 00 20 21, co fin de que se lles dean as indicacións que procedan

2. As persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia deberán pórse en contacto co seu médico de cabeceira a través dunha consulta telefónica para que este poida determinar o que proceda. 

Medidas aplicables ás persoas procedentes de determinados territorios

1. As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois pois de ter estado en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 quedan sometidas ás seguintes medidas de prevención:

a) No prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, deberán comunicar os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia. Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben subministrar os ditos datos chamando ao teléfono 881 00 20 21.

Os datos debe subministralos a propia persoa ou o seu representante legal, que serán responsables de que a información recollida sexa veraz e precisa.

A obriga prevista nesta letra é aplicable tanto ás persoas residentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia como ás non residentes no dito territorio e deberá cumprirse independentemente da presenza ou non de síntomas compatibles co COVID-19.


Obrigas de información e colaboración na difusión

1. Os establecementos de aloxamento turístico situados na Comunidade Autónoma de Galicia deben informar as persoas usuarias. Deberán situar na recepción e en lugares visibles dos establecementos cartelaría informativa co contido que determine a Consellería de Sanidade.

2. Así mesmo, as axencias de viaxes, os operadores turísticos e as compañías de transporte terrestre, aéreo ou marítimo e calquera outro axente similar que opere na Comunidade Autónoma de Galicia deberán informar as persoas usuarias, no inicio do proceso de venda dos billetes con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, da dita obriga e, así mesmo, deberán situar en lugares visibles dos establecementos situados na Comunidade Autónoma de Galicia en que desenvolvan as súas actividades cartelaría informativa co contido que determine a Consellería de Sanidade.

3. As empresas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia deberán informar da dita obriga os seus traballadores que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, por motivos laborais, dentro do período de catorce días naturais previo á súa chegada, nos territorios a que se alude no punto cuarto.

4. A Consellería de Sanidade remitirá, así mesmo, cartelaría informativa ás entidades competentes para a xestión das estacións de autobuses e ferrocarrís, portos e aeroportos situados na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos da que poidan colaborar na difusión destas medidas mediante a súa colocación en lugares visibles das indicadas instalacións.


RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoal procedentes doutros territorios.

Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Montserrat, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, San Vicente e As Granadinas, St Martin, Surinam, Illas Tartarugas, Estados Unidos, Illas Virxes, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kyrguistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Qatar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes, Uzbequistán, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia e Vietnam.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kosovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia do Norte, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia e Ucraína.

e) Nas comunidades autónomas de Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e La Rioja.


COMUNICACIÓN DATOS DE CONTACTO
Formulario



Enlaces relacionados