banner web_Mesa de trabajo 1.jpg

ENQUISA — PRAZA DE ABASTOS DE REDONDELA

A Asociación de Empresas de Redondela pon en marcha esta enquisa co obxectivo de coñecer a opinión da cidadanía sobre unha posible reforma da Praza de Abastos.


Este espazo forma parte da historia, da actividade comercial e da vida social do municipio. Por iso, consideramos fundamental escoitar á veciñanza, á clientela habitual e os propios praceiros para identificar necesidades, oportunidades de mellora e propostas que contribúan a reforzar o papel da Praza como punto de encontro e dinamización económica.


A túa participación é importante para  nós.

Completar a enquisa só che levará un momento e axudará a construír unha visión compartida sobre o futuro da Praza de Abastos.