ENQUISA — PRAZA DE ABASTOS DE REDONDELA
A Asociación de Empresas de Redondela pon en marcha esta enquisa co obxectivo de coñecer a opinión da cidadanía sobre unha posible reforma da Praza de Abastos.
Este espazo forma parte da historia, da actividade comercial e da vida social do municipio. Por iso, consideramos fundamental escoitar a veciñanza, a clientela habitual e os propios praceiros para identificar necesidades, oportunidades de mellora e propostas que contribúan a reforzar o papel da Praza como punto de encontro e dinamización económica.
As respostas recollidas serán analizadas e incorporadas a un documento técnico que será trasladado ao Concello de Redondela para o seu estudo.
A túa participación é moi importante. Completar a enquisa só che levará uns minutos e axudará a construír unha visión compartida sobre o futuro da Praza de Abastos.
