BONO SOCIAL ELÉCTRICO PARA TRABALLADORES AUTÓNOMOS
Ampliación do bono social a traballadores autónomos que cesasen a sua actividade ou reduzan a sua facturación como consecuencia do COVID-19
Fonte: Secretaria do Estado de Enerxía
Destacar desta Orden que, no caso de que haxa solicitudes do bono social amparadas no artígo 28 do RD lei 11/2020 do 31 de marzo que o regula (BOE 1 de abril), que resulten incompletas, nun prazo máximo de 5 días hábiles desde a sua recepción, o comercializador de referenica dirixirase ao solicitante indicando a documentación acreditativa que debe subsanar. Unha vez reciba toda a documentación completa, o comercializador, nun prazo máximo de 5 días hábiles desde recepción, e a través da plataforma informática disponible a tal efecto na sede electrónica do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, comprobará os datos e comuniará por correo electrónico ao solicitante o resultado da comprobación dos requisitos esixidos para a aplicación do bono social (ap 1 e 2 artígo 28 RD lei 11/2020 do 31 de marzo-BOE 1 abril) e lle comunicará tamén a data a partir da cal procederá a sua aplicación.
O bono social devindicarase a partir do primer día do ciclo de facturación no que teña lugar a recepción da solicitude completa con toda a documentación acreditativa dos requisitos esixidos.
Destacar, así mesmo, que o modelo para a solicitude do bono social para traballadores autónomos que visen afectada a súa actividade pola crisis do covid 19 e cumplan os requisitos do citado artigo, será o recollido no ANEXO IV da presente orden.
Os comercializadores por tanto deberán adaptar o modelo que poñan a disposición dos solicitantes á entrada en vigor desta orden. Con todo, terase por válidamente presentadas as solicitudes que foran xa tramitadas dacordo co modelo do anexo IV do RD Lei 11/2020 do 31 de marzo, sempre e cando cumplan os requisitos do artigo 28 e sempre que conste autorización expresa polo titular ou, en caso de formar parte dunha unidade familiar, de todos os membros maiores de 14 anos, para a consulta das correspondentes bases de datos da Axencia Estatal da Administración, que conteñan información sobre rentas por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a partir dos datos introducidos pola comercializadora de referencia na aplicación implementada ao efecto na sede electrónica de dito Ministerio, sen prexuizo das melloras que sexan esixibles para acreditar o cumplimento dos requisitos do artigo 28 do Real Decreto que regula o bono social.
O
bono social é un desconto directo na factura eléctrica, dirixido a
usuarios en situación de vulnerabilidade.
Con carácter excepcional, e durante 6 meses a contar desde o 1
de abril, poderán solicitar o bono social:
- Os trabaladores autónomos que cesaran a súa actividade nunha data posterior ao 14 de marzo, cando entró en vigor polo que se declara
o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria
ocasionada polo COVID-19.
- Os traballadores autónomos que reduciran a súa facturación do mes anterior ao que se solicita o bono
social en, polo menos un 75 por cento en relación co promedio de facturación
do semestre anterior.
Para poder acceder ao bono social, é preciso que ademáis cumplan
con algún dos seguintes criterios:
- Que a renta anual do usuario ou a súa unidade familiar non sexa
superior a 18.799€, se non hai menores no fogar.
- Que a renta anual da unidade familiar non sexa superior a
22.559€ se hai un menor.
- Que a renta anual da unidade familiar non sexa superior a
26.318€, no caso de que haxa dous menores na unidade familiar.
Os criterios de renta para acceder ao bono social calcúlanse empregando o Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples. A os efectos do
bono social, teñense en conta a última renta anual dispoñible que, nestés
momentos, é a de 2018.
¿Qué implica esta medida
para os seus potenciais beneficiarios?
Estos beneficiarios do bono social serán considerados usuarios
en situación vulnerable, que supón un desconto directo nun 25% no
recibo da luz.
Se terá a condición de vulnerable en tanto non reanuden
a súa actividade laboral, estando obrigado o consumidor a comunicar este feito ao
comercializador de referencia. En todo caso, a axuda prestarase por un
periodo máximo de 6 meses desde a publicación da norma no Boletín
Oficial do Estado, o 1 de abril.
En calquera momento, anterior ou posterior a ese prazo de seis
meses, os usuarios poderán acollerse a outro dos supostos previstos na
normativa do bono social e
que, no caso de beneficiarios vulnerables severos ou en risco de exclusión
social, supón unha reducción dun 40% na factura de electricidade.
¿Cómo se aplica o
desconto?
O bono social devindicarase a partir do primer día do ciclo de
facturación no que teña lugar a recepción da solicitude completa coa
documentación acreditativa que, no seu caso, sexa necesaria.
O desconto aplícase sobre a factura de suministro eléctrico
da vivenda habitual. Cando o contrato de suministro esté a nome dunha
persoa xurídica e non do autónomo, éste deberá solicitar un cambio na titularidade
para que no contrato figure o profesional que cesou a sua actividade ou viu disminuida a sua facturación.
Ademáis, en todos os supostos, é preciso estar adscrito á
tarifa de prezo voluntario para pequeno consumidor (PVPC). O cambio de tarifa
pódese solicitar no mesmo momento no que se tramita o bono
social.
A empresa comercializadora de referencia estará obrigada a
indicar ao consumidor, na última factura que emita antes do vencimento do
prazo de 6 meses, a data de tal vencimento, informando de que, unha vez
superado dito prazo, o consumidor pasará a ser facturado a PVPC pola mesma
comercializadora de referencia, e indicando a posibilidade de que o consumidor
poida, alternativamente, contratar o seu suministro cun comercializador en
mercado libre.
¿Cómo se solicita o bono
social?
Si se atopa nun dos supostos de vulnerabilidade, pode
tramitar a súa petición para percibir o bono social. Como requisito inicial, é
imprescindible que a tarifa aplicable no seu recibo da luz sexa a de precio
voluntario para o pequeno consumidor (PVPC), ainda que tamén poderase tramitar o paso a dita tarifa no momento no que se solicite o bono social á
comercializadora de referencia si o consumidor se atopa no mercado libre.
- O PVPC é o contrato eléctrico establecido polo Goberno no que o pagado pola electricidade consumida é directamente o prezo da enerxía que resulta do mercado, máis impostos e peaxes, sen incluir outros
produtos ou servizos adicionales.
- Sólo pode contratarse o PVPC si se ten unha potencia
contratada igual ou inferior a 10kW.
- O PVPC contratase coas comercializadoras de referencia:
Endesa; Iberdrola; Naturgy, EDP, Repsol, CHC Comercializador de Referencia
S.L.U., Teramelcor, S.L. (só en Melilla), Energía Ceuta XXI Comercializador
de Referencia, S.A. (só en Ceuta).
As comercializadoras de referencia contan cun teléfono e un correo electrónico para cursar as solicitudes de bono social eléctrico. Máis información, neste enlace
¿Qué documentación
necesita?
A tramitación do bono social realizarase a través das
Comercializadoras de Referencia.
Será necesario que o consumidor remita ao comercializador de
referencia, a través da dirección de correo electrónico que apareza na súa
páxina web, este modelo de solicitude.
Ademáis, debería incluir esta documentación acreditativa:
– Copia do NIF ou NIE do titular do punto de
suministro e, no caso de que forme parte dunha unidade familiar.
– Copia do NIF ou NIE de cada un dos membros para os que
dito documento sexa obrigatorio.
– Certificado de empadroamento en vigor, individual ou
conxunto, do titular de punto de suministro ou de todos os membros da
unidade familiar.
– Libro de familia, no caso de que exista unidade
familiar.
– Acreditación de cumplir coa condición de cese de actividade
e reducción do 75% na facturación.
Cando o traballador autónomo se atope no suposto de
cese de actividade, a acreditación realizarase mediante certificado expedido
pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente
da Comunidade Autónoma, no seu caso, sobre a base da declaración de cese
de actividade declarada polo interesado.
Para aqueles traballadores autónomos que non estén obrigados a levar os libros que acreditan o volumen de actividade, deberán acreditar a
reducción a lo menos do 75% esixida por calquer medio de proba admitido en
dereito.
– A comercializadora de referencia remitirá ao titular do
punto de suministro un correo electrónico de confirmación de recepción da
solicitude.
¿Dónde podo atopar máis
información?
Toda a información estará dispoñible na páxina web bonosocial.gob.es
Así mesmo, existe un teléfono e un correo electrónico de
información: o 913 146 673, con horario de atención ao público de 9 a 14, de
luns a venres; e ciudadano@idae.es.
Esta medida foi recollida no Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer frente ao COVID-19.
Documento adxunto: modelo de solicitude bono social autónomo