BANNER-2 WEB TEEN ACTIVA LOCAL.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA RETA Á MOCIDADE A IMAXINAR O FUTURO DO COMERCIO.

Dende hoxe, 10 de outubro e ata o 30 de outubro, estará aberto o prazo de inscrición para participar no concurso TEEN ACTIVA COMERCIO LOCAL.

A Asociación de Empresas de Redondela, coa colaboración da Xunta de Galicia, lanza TEEN ACTIVA COMERCIO LOCAL, unha campaña de dinamización comercial educativa e creativa que convida á mocidade a liderar a transformación do comercio de proximidade. Esta iniciativa pioneira reta aos estudantes a poñer o seu talento e imaxinación ao servizo dos negocios locais, empregando a intelixencia artificial como ferramenta clave para innovar, conectar e crear impacto real na súa contorna.

TEEN ACTIVA COMERCIO LOCAL nace coa ambición de fomentar o espírito emprendedor e tecnolóxico entre os estudantes , ofrecéndolles ferramentas reais para impulsar o comercio de Redondela. A través de talleres prácticos, actividades divulgativas e un concurso de ideas tecnolóxicas, os participantes aprenderán a aplicar a IA para crear solucións dixitais que melloren a visibilidade, a sustentabilidade e a experiencia o cliente nos negocios locais.

Este proxecto é unha aposta pola educación con propósito.

TEEN ACTIVA LOCAL non é só un concurso: é unha experiencia educativa que empodera á mocidade, conecta o tecido comercial co talento local e sitúa a Redondela como referente en innovación social e educativa. A campaña está aliñada cos valores de dixitalización, inclusión e sustentabilidade, e representa unha oportunidade única para que os centros educativos se impliquen nun proxecto transformador.

Participar en TEEN ACTIVA COMERCIO LOCAL é moito máis que un concurso: é unha oportunidade para facer visible o talento dos/as adolescentes e demostrar que a sociedade confía neles/as para seguir avanzado, colaborar con comerciantes reais e deixar pegada na túa vila.

 E ademais… hai un premio de 500 €  para o proxecto gañador para financiar a excursión de fin de curso ou converterse en vales para gastar nos comercios de Redondela e  accéssit  e mencións a proxectos destacados pola súa innovación, impacto social ou presentación.