
A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA RETA Á MOCIDADE A IMAXINAR O FUTURO DO COMERCIO.
Dende hoxe, 10 de outubro e ata o 30 de outubro, estará aberto o prazo de inscrición para participar no concurso TEEN ACTIVA COMERCIO LOCAL.
A Asociación de Empresas de
Redondela, coa colaboración da Xunta de Galicia, lanza TEEN ACTIVA COMERCIO
LOCAL, unha campaña de dinamización comercial educativa e creativa que convida
á mocidade a liderar a transformación do comercio de proximidade. Esta iniciativa pioneira reta aos estudantes a
poñer o seu talento e imaxinación ao servizo dos negocios locais,
empregando a intelixencia artificial como ferramenta clave para innovar,
conectar e crear impacto real na súa contorna.
TEEN ACTIVA COMERCIO LOCAL nace
coa ambición de fomentar o espírito
emprendedor e tecnolóxico entre os estudantes , ofrecéndolles ferramentas
reais para impulsar o comercio de Redondela. A través de talleres prácticos,
actividades divulgativas e un concurso de ideas tecnolóxicas, os participantes
aprenderán a aplicar a IA para crear solucións dixitais que melloren a
visibilidade, a sustentabilidade e a experiencia o cliente nos negocios locais.
Este
proxecto é unha aposta pola educación con propósito.
TEEN ACTIVA LOCAL non é só un concurso: é unha
experiencia educativa que empodera á
mocidade, conecta o tecido comercial co talento local e sitúa a Redondela como referente en innovación social e educativa.
A campaña está aliñada cos valores de dixitalización, inclusión e
sustentabilidade, e representa unha oportunidade única para que os centros
educativos se impliquen nun proxecto transformador.
Participar en TEEN ACTIVA COMERCIO LOCAL é moito
máis que un concurso: é unha oportunidade para facer visible o talento dos/as
adolescentes e demostrar que a sociedade confía neles/as para seguir avanzado,
colaborar con comerciantes reais e deixar pegada na túa vila.
E ademais…
hai un premio de 500 € para o proxecto gañador para financiar a
excursión de fin de curso ou converterse en vales para gastar nos comercios
de Redondela e accéssit e mencións
a proxectos destacados pola súa innovación, impacto social ou
presentación.