A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA PRESENTA UN NOVO CONVENIO CON INFRILUX PARA IMPULSAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE REDONDELA
As empresas asociadas poderán acceder a revisión gratuíta da factura eléctrica e descontos directos en instalacións de aforro enerxético.
A Asociación de Empresas de Redondela (AER) vén de asinar un convenio de
colaboración con Infrilux,
Punto Iberdrola en Redondela (https://infrilux.es/), co obxectivo de facilitar o acceso a solucións de
eficiencia enerxética tanto ás empresas asociadas como á veciñanza da
localidade.
A chegada de Infrilux a Redondela permitirá que empresas e residentes
poidan solicitar unha
revisión gratuíta da súa factura da luz, cun potencial aforro
estimado de ata un 20%.
Descontos directos en instalacións
clave para o aforro
O convenio establece un 5%
de desconto directo para as empresas asociadas da AER en tres
tipos de instalacións con impacto directo na factura eléctrica e na mellora da
eficiencia de negocios e vivendas:
- Instalacións fotovoltaicas
- Sistemas de aerotermia
- Puntos de recarga para vehículo eléctrico
Estas tecnoloxías representan
actualmente algunhas das solucións máis demandadas para reducir custos
enerxéticos e avanzar cara a modelos máis sostibles.
Programa
de recomendación con beneficios dobres
O acordo incorpora ademais unha campaña específica de recomendación que
premia tanto ao socio como á persoa ou empresa referida:
- O socio da AER
recibirá unha bonificación
económica por recomendar instalacións de aerotermia,
fotovoltaica ou puntos de recarga.
- A persoa ou empresa referida
obterá un 5% de
desconto na instalación contratada.
Este mecanismo permite que os asociados poidan obter un beneficio adicional
ao tempo que contribúen a expandir o uso de tecnoloxías eficientes no
municipio.
Un convenio que chega no momento
oportuno
A sinatura deste acordo prodúcese nun contexto especialmente favorable,
coincidindo coa convocatoria
aberta de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética en
empresas galegas, publicada pola Xunta de Galicia aberto o
prazo ata o 15/09/2026
Esta circunstancia facilita que as
empresas poidan valorar investimentos en eficiencia enerxética con vantaxes engadidas,
combinando descontos directos, posibles bonificacións e axudas públicas.
Enlace convocatoria: (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260120/AnuncioG0474-161225-0001_gl.pdf).
- Declaración do presidente: “Desde a Asociación de Empresas de Redondela queremos seguir ampliando un paquete de convenios cada vez máis sólido e útil, pensado para impulsar o aforro das empresas asociadas e xerar sinerxías positivas entre o tecido empresarial local. O noso obxectivo é que cada novo acordo se traduza en oportunidades reais: máis vantaxes, máis colaboración e máis competitividade para todas as empresas de Redondela.”