foto noticia web.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA PRESENTA UN NOVO CONVENIO CON INFRILUX PARA IMPULSAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE REDONDELA

As empresas asociadas poderán acceder a revisión gratuíta da factura eléctrica e descontos directos en instalacións de aforro enerxético.

A Asociación de Empresas de Redondela (AER) vén de asinar un convenio de colaboración con Infrilux, Punto Iberdrola en Redondela (https://infrilux.es/), co obxectivo de facilitar o acceso a solucións de eficiencia enerxética tanto ás empresas asociadas como á veciñanza da localidade.

A chegada de Infrilux a Redondela permitirá que empresas e residentes poidan solicitar unha revisión gratuíta da súa factura da luz, cun potencial aforro estimado de ata un 20%.

 

Descontos directos en instalacións clave para o aforro

O convenio establece un 5% de desconto directo para as empresas asociadas da AER en tres tipos de instalacións con impacto directo na factura eléctrica e na mellora da eficiencia de negocios e vivendas:

  • Instalacións fotovoltaicas
  • Sistemas de aerotermia
  • Puntos de recarga para vehículo eléctrico

Estas tecnoloxías representan actualmente algunhas das solucións máis demandadas para reducir custos enerxéticos e avanzar cara a modelos máis sostibles.

 

 

 

 

Programa de recomendación con beneficios dobres

O acordo incorpora ademais unha campaña específica de recomendación que premia tanto ao socio como á persoa ou empresa referida:

  • O socio da AER recibirá unha bonificación económica por recomendar instalacións de aerotermia, fotovoltaica ou puntos de recarga.
  • A persoa ou empresa referida obterá un 5% de desconto na instalación contratada.

Este mecanismo permite que os asociados poidan obter un beneficio adicional ao tempo que contribúen a expandir o uso de tecnoloxías eficientes no municipio.

 

Un convenio que chega no momento oportuno

A sinatura deste acordo prodúcese nun contexto especialmente favorable, coincidindo coa convocatoria aberta de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética en empresas galegas, publicada pola Xunta de Galicia aberto o prazo ata o 15/09/2026

Esta circunstancia facilita que as empresas poidan valorar investimentos en eficiencia enerxética con vantaxes engadidas, combinando descontos directos, posibles bonificacións e axudas públicas.

 

Enlace convocatoria: (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260120/AnuncioG0474-161225-0001_gl.pdf).

 

-        Declaración do presidente: “Desde a Asociación de Empresas de Redondela queremos seguir ampliando un paquete de convenios cada vez máis sólido e útil, pensado para impulsar o aforro das empresas asociadas e xerar sinerxías positivas entre o tecido empresarial local. O noso obxectivo é que cada novo acordo se traduza en oportunidades reais: máis vantaxes, máis colaboración e máis competitividade para todas as empresas de Redondela.”