CNR-noticia-web.png

A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA APOSTA FORTE POLO COMERCIO: NACE EN REDONDELA UN NOVO CONCEPTO DE FEIRA URBANA.

O sábado 4 de outubro o comercio tomará as rúas de Redondela nunha edición única e irrepetible de “comercio na rúa”.


O sábado 4 de outubro, o comercio local será o protagonista absoluto das rúas de Redondela nunha edición histórica e irrepetible. Tras 15 anos celebrándose na Alameda, a tradicional Feira de Oportunidades evoluciona e expándese por toda a vila: nace COMERCIO NA RÚA, unha proposta en cada recuncho da vila, cun formato que mestura o mellor do OUTLET e o ESTRENO DE TEMPADA. Una campaña renovada e ambiciosa impulsada pola Asociación de Empresas de Redondela.

Toda a vila convértese nun escaparate vivo: prazas, rúas e recunchos encheranse de vida, ofertas e novidades. Esta transformación radical supón un salto cualitativo, levando o espírito da feira.

O eslogan da campaña fala por si só:

  • OUTLET TOTAL = ESTILO BRUTAL
  • NOVO TOTAL = AFORRO BESTIAL

Desde moda ata tecnoloxía, desde fogar ata alimentación, os comercios ofrecerán descontos irresistibles e presentacións de coleccións novas. Haberá tamén animación, moita animación infantil, música, sorteos e moitas sorpresas para que toda a familia desfrute dunha xornada única.


A Xunta Directiva sumiu este difícil reto de estender por toda a vila o concepto de Feira de Oportunidades que se viña realizando nun único punto. A transformación será radical e desde hoxe as rúas xa lucen a ambientación e decoración deste evento.

As dificultades para por en marcha esta campaña son notables xa que non é o mesmo a montaxe nun único emprazamento como esparexer este concepto por toda a vila, pero sen dúbida será moi cómodo para a clientela xa que non haberá aglomeracións e a clientela disporá de todas as comodidades que ofrece as tendas, se disporán de probadores e servizos que doutra maneira dificilmente se poderían desprazar.

O comercio ten preparados premios e sorteos en todas as tendas participantes, atoparemos preto dun centenar de establecementos abertos dos que 50 casarán a rúa todo o stock. Haberá prazas e rúas nas que poderemos atopar novos comercios e unha oferta e surtido comercial excepcional preparada para esta ocasión especial.


A campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Redondela que suman os esforzos de coordinación de distintos departamentos –iluminación, xardíns, seguridade, tráfico- para que todo estea listo nesta xornada especial de compras.


Convidamos a toda a veciñanza e visitantes a vivir esta festa do comercio local, a apoiar os negocios de sempre e a descubrir todo o que Redondela ten para ofrecer. Este 4 de outubro, Redondela é comercio, é estilo, é aforro, é vida!