
A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA APOSTA FORTE POLO COMERCIO: NACE EN REDONDELA UN NOVO CONCEPTO DE FEIRA URBANA.
O sábado 4 de outubro o comercio tomará as rúas de Redondela nunha edición única e irrepetible de “comercio na rúa”.
A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE
REDONDELA APOSTA FORTE POLO COMERCIO: NACE EN REDONDELA UN NOVO CONCEPTO DE
FEIRA URBANA.
O SÁBADO 4 DE
OUTUBRO O COMERCIO TOMARÁ AS RÚAS DE REDONDELA NUNHA EDICIÓN ÚNICA E
IRREPETIBLE DE “COMERCIO NA RÚA”.
O sábado 4 de
outubro, o comercio local será o protagonista absoluto das rúas de Redondela
nunha edición histórica e irrepetible. Tras 15 anos celebrándose na Alameda, a
tradicional Feira de Oportunidades evoluciona e expándese por toda a vila: nace
COMERCIO
NA RÚA, unha proposta a cada recuncho da vila, cun formato que
mestura o mellor do OUTLET e o ESTRENO DE TEMPADA.renovada e ambiciosa impulsada
pola Asociación
de Empresas de Redondela.
Toda a vila
convértese nun escaparate vivo: prazas,
rúas e recunchos encheranse de vida, ofertas e novidades. Esta transformación
radical supón un salto cualitativo, levando o espírito da feira
O eslogan da campaña fala por si
só:
- OUTLET TOTAL = ESTILO BRUTAL
- NOVO TOTAL = AFORRO BESTIAL
Desde moda ata
tecnoloxía, desde fogar ata alimentación, os comercios ofrecerán descontos
irresistibles e presentacións de coleccións novas. Haberá tamén animación,
moita animación infantil, música, sorteos e moitas sorpresas para que toda a
familia desfrute dunha xornada única.
A Xunta Directiva sumiu este difícil reto de estender por toda a vila
o concepto de Feira de Oportunidades que se viña realizando nun lugar nun único
punto. A transformación será radical e desde hoxe as rúas xa deixan ver a
transformación que vamos a vivir. –Esta mañá comezaba o montaxe das
decoracións da man da empresa local AMOEDOS ROTULACIONES- Unha empresa
local, chea de talento local que leva as súas creacións por todo o mundo da man
de prestixiosas firmas e que celebra este sábado o seu 25 aniversario e
que encherá de cor a vila nesta campaña cos seus deseños e creacións.
As dificultades para por en marcha esta
campaña son notables xa que non é o mesmo a montaxe nun único emprazamento como
esparexer este concepto por toda a vila, pero sen dúbida será moi cómodo para a
clientela xa que non haberá aglomeración e a clientela disporá de todas as comodidades
que ofrece as tendas, se disporán de probadores e servizos que doutra maneira
dificilmente se poderían desprazar.
O comercio ten preparados premios
e sorteos en todas as tendas participantes, atoparemos preto dun centenar de
establecementos abertos dos que 50 casarán a rúa todo o stock. Haberá plazas e
rúas nas que poderemos atopar novos comercios e unha oferta e surtido comercial
excepcional preparada para esta ocasión especial.
A campaña conta co financiamento
da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Redondela que suman os
esforzos de coordinación de distintos departamentos –iluminación, xardíns, seguridade, tráfico- para que todo estea
listo nesta xornada especial de compras.
Convidamos a toda a veciñanza e
visitantes a vivir esta festa do comercio local,
a apoiar os negocios de sempre e a descubrir todo o que Redondela ten para
ofrecer. Este 4 de outubro, Redondela é comercio, é estilo, é aforro, é
vida!