A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS ENTREGA OS PREMIOS DA SHOPPING NIGHT 2026
NA PRESENTACIÓN DOS RESULTADOS DA ENQUISA REALIZADA CONSTÁTASE UN CAMBIO DE TENDENCIA NA FACTURACIÓN QUE NON DÁ REMONTADO DENDE A PANDEMIA E ADVIRTE DE QUE A RECUPERACIÓN DEPENDE DE QUE O CONCELLO SOLUCIONE AS CARENCIAS DE APARCADOIRO E ACCESIBILIDADE
A Asociación de Empresarios de Redondela fai entrega
dos catro vales de compra de 50 € do sorteo do "Pasaporte Aloha".
O 92,4 % dos
comercios cualifica a campaña como boa ou moi boa, aínda que a cifra de negocio
mantén descensos de entre o 30 % e o 50 % respecto aos niveis pre-pandemia.
A falta de estacionamento e a menor chegada de visitantes de fóra do centro urbano identificanse como os factores clave na evolución dos ingresos.
A Asociación de Empresarios de Redondela realizou esta
semana a entrega oficial dos premios correspondentes ao sorteo do Pasaporte
Aloha, no marco da recente celebración da Aloha Shopping Night 2026.
Esta acción promocional, que combinou animación nas rúas, descontos nocturnos e
a ambientación temática do Centro Comercial Aberto, pecha a súa edición coa entrega
de catro vales de compra por valor de 50 € cada un para consumir nos
establecementos locais.
As persoas afortunadas no sorteo do Pasaporte Aloha
foron:
·
Yasmine Ribero Garrido
·
Elvira Gómez Davila
·
Marta Montenegro González
·
Mónica Fernández Gómez
RESULTADOS DA ENQUISA: VALORACIÓN POSITIVA, PERO PREOCUPACIÓN POR UN CAMBIO
DE TENDENCIA QUE NON LOGRA RECUPERAR OS NIVEIS DE PRE-PANDEMIA.
Xunto coa entrega de premios, a Asociación de Empresarios
fixo públicos os resultados da enquisa de valoración realizada entre os
establecementos participantes.
Os datos amosan un respaldo
positivo en termos absolutos á dinamización comercial, pero tamén unha tendencia que comeza a preocupar de forma
notable ao sector en canto á recuperación do volume de negocio.
- Decoración e ambientación: Máis do 92 % valora con notable
ou sobresaliente tanto a ambientación xeral da vila como o material e
recursos decorativos facilitados pola Asociación aos locais.
- Impacto en vendas: Para o 61,6 % dos
establecementos, a facturación acadada durante a xornada da Shopping Night
equivaleu ás vendas de entre 2 e 5 días ordinarios de traballo, logrando
un 50 % dos negocios atender a máis de 50 clientes durante o evento.
- Evolución respecto ao ano anterior: O 66,6 % considera que os seus resultados económicos melloraron ou igualaron os da edición de 2025, pero non logran acadar os niveis das edicións anteriores á pandemia.
·
Valoración xeral da campaña: O 92,4 % dos enquisados cualificou a
xornada de xeito moi positivo (un 46,2 % outorgoulle un 5 sobre 5 e outro 46,2
% un 4 sobre 5).
Malia que a valoración absoluta do evento e da súa organización é moi alta
e o sector aposta por dar continuidade a estes formatos, a análise evolutiva a
medio prazo reflicte un cambio de tendencia nos niveis de facturación
Dende ese momento, estímanse descensos estruturais de facturación que oscilan entre o 30 % e
o 50 % en función do sector de actividade (sendo Moda e Complementos o de
maior representación, cun 69,2 %) e da localización do comercio.
Segundo se desprende da análise da enquisa, os factores determinantes aportados polos enquisados desta
menor facturación con respecto á etapa pre-pandemia son:
1.
A falta de
estacionamento e problemas de accesibilidade: A dificultade para aparcar nas inmediacións do Centro
Comercial Aberto limita a chegada de público procedentes doutros concellos ou
parroquias, que resultan fundamentais para o tecido comercial.
2.
Estreitamento
do perfil de visitante: Ao
reducirse a chegada de compradores de fóra, a asistencia aos eventos
circunscríbese cada vez máis á clientela do propio núcleo urbano. Esta
concentración do público obxectivo condiciona enormemente o teito de ingresos
económicos que poden acadar os establecementos durante a noite de compras.
APOSTA
POLA CONTINUIDADE E MELLORA DO CONTORNO URBANO
Desde a Asociación de Empresarios de Redondela subliñase
a importancia de seguir promovendo este tipo de campañas que enchen de vida e
actividade o comercio local, ao tempo que se fai un chamamento para traballar
conxuntamente na mellora dos accesos e solucións de aparcadoiro que permitan recuperar a capacidade de atracción de
visitantes de toda a comarca.
A
Asociación de Empresas de Redondela reafirma o seu compromiso en seguir
impulsando campañas de dinamización e en reforzar a colaboración institucional para mellorar a accesibilidade, a
mobilidade e as condicións que permitan recuperar o potencial económico do
Centro Comercial Aberto de Redondela.