ECOINNOVACIÓN-COMERCIAL-CO300D.jpg

Subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial

CO300D

Actuacións subvencionables:

1. Considéranse subvencionables os proxectos ecoinnovadores que conteñan algunha das seguintes actuacións:

Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cento biodegradables.

Poderán acollerse nesta epígrafe solucións sustentables de envasado, empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, a protección ou para o seu consumo.

En todo caso, as bolsas, no caso de seren de plástico, deberán ser compostables, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000 Envases e embalaxes. Requisitos dos envases e das embalaxes valorizables mediante compostaxe e biodegradación. Programa de ensaio e criterios de avaliación para a aceptación final do envase ou da embalaxe, e das súas sucesivas actualizacións, así como as bolsas de plástico que cumpran os estándares europeos ou nacionais de biodegradación a través de compostaxe doméstica.

O investimento máximo subvencionable para este punto será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 70 %.



 Economía circular.

Considérase subvencionable a implantación ou posta en marcha de proxectos de ecoinnovación comercial, que poderán referirse ás seguintes áreas:

a) Procesos de economía circular, incluíndo proxectos de modelos de negocio onde polo menos o 70 % da oferta de produto non sexa de primeira manufactura.

b) Venda de produtos elaborados con residuos ou materiais reciclados, que supoñan polo menos o 30 % das referencias do establecemento comercial.

c) Proxectos de recollida de envases do propio establecemento comercial, con ou sen incentivos para o cliente, para a súa posterior reutilización polo establecemento comercial.

d) Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con etiquetaxe ecolóxica.

e) Venda a granel de produtos que habitualmente se presentan envasados, sempre que supoñan polo menos o 70 % das referencias do establecemento comercial.

A subvención consistirá nunha axuda por beneficiario de 1.500 € para o pulo de proxectos ecoinnovadores que inclúan as actuacións descritas neste punto.