BANNER.jpg

SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS AO MANTEMENTO DOS SECTORES ECONÓMICOS POLO COVID-19 DO CONCELLO DE REDONDELA.


OBXECTO

Concesión de axudas para os traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal e local comercial afecto á actividade radique no termo municipal de Redondela e este permaneza cerrado ao público coma consecuencia das medidas derivadas da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que se trate dunha actividade empresarial.

b) Que a actividade sexa desenvolvida por unha persoa traballadora autónoma, unha microempresa ou pequena empresa e empresas de economía social.

Terán a consideración de persoas traballadores autónomas aqueles que tributen mediante o sistema de módulos ou ben os que tributando en estimación directa non superen un millón de euros de importe neto de cifra de negocio anual (cuadrícula 01 modelo 130 ou equivalente que acredita o importe anual).

Se considera pequenas empresas a afectos da presente axuda aquelas que ocupen a menos de quince traballadores e que non superen o millón de euros de importe neto de cifra de negocio (cuadrícula 0255 modelo 200 ou equivalente).

Aos efectos destas axuda terán a consideración de empresas de economía social as que se recollen na Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social.

c) Que teña o seu domicilio fiscal da actividade económica no termo municipal de Redondela.

d) Que a actividade empresarial se exerza nun local comercial, específico e aberto ao público, radicado nunha vía municipal deste termo municipal.

e) Que, ao ser cualificada, como non esencial, se producira o cese total e absoluto da actividade, en aplicación do disposto no artigo 10 do RD 463/2020, de 14 de marzo, modificado, polo RD 465/2020, de 17 de marzo. Aos efectos desta subvención as actividades que se recollen no apartado cuarto do artigo tamén terán a consideración de que se produciu o seu cese.

 

f) Que o suxeito solicitante estea exento do Imposto de Actividades Económicas no exercicio fiscal de 2020, extremo que se comprobará a través do último padrón aprobado.

g) Que estea dado de alta no réxime da Seguridade Social ou na Mutua profesional correspondente e na Axencia Estatal da Administración Tributaria no momento da presentación da solicitude.

h) A persoa solicitante deberá achegar declaración responsable de se ten percibida ou solicitada outra axuda de natureza análoga polo mesmo concepto doutras administracións ou entidades de iniciativa social, de non ter incumpridas as obrigas por reintegro de subvencións e de non concorrer ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 apartado 2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

No caso de que a solicitude de subvención sexa solicitada polas comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais estas deberán  facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 desta lei.

IMPORTES DAS AXUDAS

A subvención concederase para algunha das seguintes liñas por un importe máximo de 500 € para cada liña:

Liña 1. Gastos de aluguer do local comercial efectivamente realizados dende a declaración do estado de alarma ata o cese do mesmo sempre que se acredite que o local destinado á actividade profesional tivo que permanecer cerrado por tratarse dunha actividade non esencial.

Liña 2. Transición ata o comercio online ou optimización do existente. Serán subvencionables os seguintes gastos sempre e cando estean vinculados co negocio para o que se solicite a axuda:

Gastos de consultaría e formación para a dixitalización do negocio.

Gastos para o desenvolvemento ou mellora web, así como para a introdución de pasarelas online de compras.

Gastos en marketing e promoción dixital.

Gastos anuais de subscrición a portais ou Marketplace de venta online.

NON serán subvencionables os gastos relativos a comisións por ventas.

Liña 3. Axudas para financiar investimentos para acondicionamento de locais comerciais polos efectos do COVID e para acadar espacios mais seguros ou da zona de terraza a través da compra de mobiliario de calquera tipo que contribúa á protección individual de persoas e clientes.

Os solicitantes poderán presentarse ata un máximo de dúas liñas de subvención (1.000 euros).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

De xeito presencial: As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no modelo oficial, acompañada da documentación esixida e debidamente cuberta e asinada, no Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou por calquera dos medios indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Neste caso e mentres non se produza a finalización do proceso de desescalada poderá ser precisa a cita previa.

De xeito telemático: as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello de Redondela, debendo proceder a súa sinatura a través dos mecanismos admitidos na sede electrónica (https://redondela.sedelectronica.gal). Este xeito será obrigatorio para aqueles solicitantes que non sexan persoas físicas.

 

DOCUMENTACIÓN:

No caso das persoas físicas:

a). Solicitude segundo o modelo oficial, debidamente cuberto.

 b). Fotocopia do DNI ou documento identificador, válido no territorio nacional, da persoa solicitante da subvención

c). Certificado actualizado da situación censal que indique a actividade económica coa fecha de alta, o domicilio fiscal e do local do desenvolvemento da actividade.

d). Resolución ou certificación do alta no réxime especial de traballadores autónomos ou na mutua profesional correspondente.

 e). Contrato do arrendamento en vigor do local comercial onde se desenvolva á actividade.

f). Última declaración presentada de IRPF aos efectos de acreditar sistema de tributación e importe neto de cifra de negocio anual (modelo 130 ou equivalente).

g). Certificados de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), fronte á Seguridade Social (TGSS) e fronte á Administración tributaria de Galicia (ATRIGA).

h). Designación de conta bancaria na que se deba facer o ingreso do importe da subvención e cuxo titular sexa o mesmo solicitante.

 i) Memoria ou orzamento comprensivo das actuacións a realizar no caso de que se solicite a subvención da liña 2 e/ou 3.

 

No caso das persoas xurídicas

a). Solicitude segundo o modelo oficial, debidamente cuberto.

b) NIF da persoa xurídica, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica.

 c). Certificado da situación censal da persoa xurídica, sociedade civil, comunidade de bens, ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica que indique a actividade económica coa data de alta, o domicilio fiscal e, no seu caso, o local de desenvolvemento da actividade.

d). Escritura de constitución e estatutos da persoa xurídica actualizados e inscritos no Rexistro competente; no seu caso, contrato de constitución debidamente rexistrado da sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica.

e). Acreditación dos poderes da persoa administradora e da que presenta a solicitude, no caso de ser a mesma.

f). Fotocopia do DNI ou documento identificador, válido no territorio nacional, da persoa administradora e da persoa que presenta a solicitude, no caso de ser a mesma.

g). Alta no réxime da Seguridade Social correspondente da persoa administradora.

h). Contrato do arrendamento en vigor do local comercial onde se desenvolva á actividade.

l). Certificado emitido pola Seguridade Social no que conste o número medio de traballadores no ano 2019 e último modelo 200 ou equivalente presentado do Imposto de Sociedades.

 m) Certificados de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), fronte á Seguridade Social (TGSS) e fronte á Administración tributaria de Galicia (ATRIGA).

n) Designación de conta bancaria na que se deba facer o ingreso do importe da subvención e cuxo titular sexa o mesmo solicitante.

ñ) Memoria ou orzamento comprensivo das actuacións a realizar no caso de que se solicite a subvención da liña 2 e/ou 3.

 

PRAZO: Quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Data de publicación das bases: 04/06/2020

Data de publicación do extacto: Pendente