comercios-no-camino.png

REDE DE COMERCIOS E MERCADOS NO CAMIÑO

A Asociación pon en marcha a adhesión do comercio de Redondela a Rede de Comercio no Camiño

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a ORDE do 23 de setembro de 2019 pola que se crea a Rede de Comercios e Mercados no Camiño, se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar a adhesión a ela, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CO300F).
 A Rede de Comercios e Prazas no Camiño estará formada por establecementos comerciais retallistas e prazas de abastos cuxo domicilio social se atopa nalgún concello situado nun dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia e que solicitan a súa adhesión a ela.
Os establecementos  adheridos á rede contarán cun distintivo identificativo para colocar de xeito visible no seu establecemento comercial. Así mesmo, recibirán un paquete de benvida á rede, que consistirá en distintos elementos promocionais para a difusión da rede entre os clientes. 

A Asociación de Empresarios de Redondela o vindeiro xoves 24 de outubro ás 20:30h, na súa sede, unha reunión informativa sobre o proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio para a creación dunha Rede de Comercio no Camiño na que se integrarán os comercio asociados. A Asociación prevé realizar unha segunda reunión específica para as prazas de abastos para que os mercados de Redondela tamén pasen a formar parte da Rede de Mercados no Camiño. 



Etiquetado como #comercio no camiño