BANNER-WEB-PIE-2025-26.png

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA 2025/2026

O Programa Integrado de Emprego é unha iniciativa financiada por la Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social.


É unha iniciativa que ten como obxectivo inserir laboralmente a persoas desempregadas mediante accións coordinadas durante 12 meses. O programa comprométese a lograr a inserción das persoas participantes, a media supera o 45%.




Este edición 2025/2026 do programa da Asociación de Empresas de Redondela

está especialmente dirixido a MULLERES:


  • Mulleres desempregadas

  • Persoas menores de 30 anos con ou sen cualificación
  • Persoas maiores de 45 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Persoas migrantes con autorización de residencia por arraigo
  • Persoas en risco de exclusión social ou beneficiarias da RISGA






Durante o programa, terás acceso a:
  • Orientación e asesoramento personalizado
  • Formación en competencias dixitais, idiomas e novas tecnoloxías
  • Obradoiros de motivación, intelixencia emocional e entrevistas
  • Coaching e mentoring para o emprego e o emprendemento
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas locais
  • Prospección empresarial e emparellamento con ofertas reais
  • Talleres sobre mobilidade laboral e oportunidades na UE
  • PROGRAMA FORMATIVO POR ITINERARIOS



O programa ofrece máis de 740 horas de formación adaptada ás necesidades reais do mercado laboral e ao perfil das participantes. Combina formación presencial, teleformación e mixta, con contidos innovadores e prácticos.

 
Itinerarios Formativos Estratéxicos

 Loxística Industrial
      • Xestión básica do almacén (20 h)
      • Organización do almacén (30 h)
      • Condución de carretillas elevadoras (30 h)
Comercio de proximidade
      • Técnicas de venda en froitería e peixería (40 h)
      • Auxiliar de comercio: produtos frescos, caixa e reposición (10 h)
      • Manipulador de alimentos (15 h)
Sanidade e coidados
      • Coidados auxiliares en xeriatría (60 h)
      • Manexo de cargas e mobilización de pacientes (30 h)
      • Coidados básicos de enfermaría (30 h)
 TIC e transformación dixital
      • Factura dixital (30 h)
      • Sinatura electrónica e comunicación dixital (45 h)
      • Introdución á intelixencia artificial (25 h)
      • Excel con Power BI (25 h)
      • Ofimática na nube (50 h




 Formación con impacto real
      • 66,67% das horas vinculadas a sectores estratéxicos: TIC, loxística, comercio
      • 120 h en especialidades con alta inserción laboral
      • Formación adaptada a mulleres maiores de 45 anos e con responsabilidades familiares

 



Formación en Soft Skills e Empregabilidade

Desenvolvemento persoal e profesional

      • Autocoñecemento, motivación e intelixencia emocional
      • Comunicación asertiva, traballo en equipo e liderado
      • Marca profesional e branding en redes

Ferramentas para o emprego

      • Creación de CV con ferramentas dixitais
      • Busca activa de emprego e simulación de entrevistas
      • Preparación para entrevistas con IA e chatbots

Mobilidade e oportunidades europeas

      • Obradoiros sobre mobilidade laboral e Rede EURES
      • Estratexias para acceder a emprego fóra do concello ou no estranxeiro

 




Inscríbete como demandante de emprego en Emprego Galicia.

Contacta coa Asociación de Empresas de Redondela.

Cubre o formulario de inscrición dispoñible nesta web.

Participa nas sesións informativas e entrevistas de selección.
 
 
Contacto e inscrición
  • Teléfono: 986 404 012
  • Fin de prazo de inscrición: 20 de decembro de 2025
 


Se es unha empresa e queres formar parte da rede de colaboración, contacta connosco para incorporar talento adaptado ás túas necesidades. Ofrecemos asesoramento, selección e seguimento personalizado.




¿Queres ser unha empresa colaboradora e ser parte deste proyecto?

 

Entra aquí e asina a carta de apio.

(preme sobre o botón enviar que atoparás na propia carta ou envíana a [email protected])