
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2021-22
O Xoves 21 de abril de 2022, no Pazo de Santa Teresa, en Redondela, celebrouse o ENCONTRO PARA O EMPREGO E O EMPRENDEMENTO.
UNHA NOVA
OPORTUNIDADE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE
EMPRESARIOS DE REDONDELA.
ESTE PROXECTO DE EMPREGO ESTÁ FINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA NO MARCO DOS PROGRAMAS INSTEGRADOS DE EMPREGRO DE GALICIA.
OS PROCESOS DE SELECCIÓN XA ESTÁN EN MARCHA E PERMANECERÁN ABERTOS ATA O DÍA 17 DE XANEIRO.
A Asociación de Empresarios de
Redondela anuncia a selección de 100 persoas desempregadas para participar no
Programa integrado de emprego que se desenvolverá durante o ano 2022.
Entre os colectivos deste novo
programa compre destacar o número de prazas para os menores de 30 anos cualificados, nun proxecto enfocado a reter e
potenciar talento. Pero tamén outros colectivos como mulleres, maiores de
45, menores de 30 sen cualificación e vítimas de violencia de
xénero teñen cabida neste programa con reservas
de prazas específicas.
O proxecto tamén contempla itinerarios de apoio ao autoemprego
o que abre un importante apoio a posta en marcha de novos proxecto de emprendemento empresarial.
O 60% da oferta formativa prevista
estará baseada no catálogo de especialidades do servizo público de emprego
estatal desenvolvida no marco do Sistema
de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral o que garante unha
titulación regulada coa adquisición de competencias, contidos e
especificación técnicas tamén reguladas. Ademais, grazas ao financiamento da
Xunta de Galicia das persoas participantes contarán con bolsa de asistencia.
Este tipo de programa de
acompañamento á persoas desempregadas son unha
gran oportunidade para relanzarse profesionalmente e contar cun
asesoramento personalizado para trazar os obxectivos profesionais.
O ámbito do programa comprende os concellos de Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes,
Sotomaior, Vilaboa, Ponteareas e Vigo, polo que calquera persoa en
situación de desemprego destes concellos pode presentar a súa solicitude para
participar no programa.
As solicitudes para participar no programa poden
tramitarse a través da web www.empresasredondela.gal ou nos enderezos e teléfonos habituais da entidade.
Correo: programas.emprego@empresasredondela.gal
Telf: 986404012 / 658592332 / 651568461
Principais Materias del programa:
Neste
programa a formación xoga un papel clave para a mellora das competencias
profesionais de cada persoa usuaria, e deseñase coa intención de situar as
persoas usuarias en mellores condicións de partida tanto para o acceso como
para o mantemento do emprego.
As
Novas tecnoloxías da información e a comunicación xogarán un papel crucial en
todos procesos formativos.
O
proxecto contará como punto de partida con formación
prelaboral, e dicir, aquela dirixida a adquisición de competencias persoais
e sociais. Este tipo de formación será administrada como píldoras formativas de
curta que terán como obxectivo o posicionamento no mercado laboral, a mellora
da autoestima e a formulación dunha busca de emprego activa a través das novas
tecnoloxías.
O
programa comprenderá accións de: Información, orientación e asesoramento;
Formación transversal en novas tecnoloxía e/ou idiomas; Coaching, intelixencia
emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia
como allea; Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista;
Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego
participantes; Prácticas profesionais non laborais en empresas, destacando a
capacidade deste programas para adaptarse ás necesidades das persoas
seleccionadas e poder orientarse de forma máis eficaz a consecución dos
obxectivos de inserción previstos.
Pola
súa banda tamén haberá un Programa de acompañamento á empresas que
comprenderá servizos tales como: realización de procesos de preselección,
seguimento de persoas incorporadas, fomento e asesoramento en Responsabilidade
Social Empresarial, convenios en prácticas, colaboración no deseño e
implantación de accións formativas específicas para a cobertura de postos de
traballo.
cubre os seguintes datos: