BLACK FRIDAY 2020.jpg

PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA BLACK FRIDAY EN REDONDELA.

O prendido das luces de Nadal de Redondela realizarase o venres 27 coincidindo coa campaña comercial do Black Friday. Os comercios de Redondela preparan grandes descontos para os días 27 e 28 de novembro.

Os descontos do pequeno comercio serán este ano máis grandes que nunca. A piques de pechar un ano sen precedentes o pequeno comercio acelera a súa estratexia de descontos nesta datas. A Asociación de Empresarios  de Redondela coordina a posta en marcha dunha campaña de Black Friday na que se están a preparar grandes promocións para os días 27 e 28 de novembro. Nesta edición a campaña durará dous días para evitar aglomeracións e garantir espazos de compra seguros.
 
Un ano máis faise coincidir o acendido da iluminación de Nadal grazas a colaboración do Concello de Redondela con esta campaña comercial posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Redondela para que estas xornadas de compra se realicen nun entorno comercial mais fermoso grazas as decoracións e iluminacións de Nadal
 
Adicionalmente a Asociación de Empresarios de Redondela, xunto ao seu socio tecnolóxico Comprar en Galicia, están a traballar intensamente co comercio local para que a clientela tamén poida acceder a través do marketplace local Comprar en Redondela a maior oferta posible de produtos. Coa plataforma de venda plenamente operativa e superada a fase de formación e aprendizaxe das ferramentas de xestión da plataforma é a queda dos comercios para que comecen a subir os seus produtos para que o cliente poida ver, elixir, comprar ou achegarse a tenda coa decisión tomada para que o proceso de compra presencial se poida realizar de forma rápida e segura.