PLANTILLA-NOTICIA-2.jpg

OS ESTABLECEMENTOS DE REDONDELA E CHAPELA PARTICIPAN DAS ACTIVIDADES DO SAMAÍN

As actividades de Samaín celébranse a tarde do 31 de outubro en Redondela e Chapela

A Asociación de Empresarios e o Concello d eRedondela colaboran na campaña de Samain distribuíndo entre os establecementos preto de 70kg de caramelos nos comercios de Redondela e Chapela para convidar aos nenos e nenas.

Esta iniciativa conta en Chapela coa participación das anpas dos tres centros educativos: Laredo, Igrexa e Alexandro Bóveda.

Esta iniciativa na que a protagonista é a tradición da cultura galega do Samaín, ten como obxectivo que os nenos e nenas recuperen o uso das rúas e que se poñan en valor o papel socializador que xoga o pequeno comercio das nosas vilas.