BANNER-WEB-ADAPTABLE.jpg

CAMPAÑA DO DÍA DA NAI

Con motivo da celebración do día da Nai a Asociación de Empresarios relanza as tarxetas regalos, un clásico para acertar seguro e co que agora poderás gañar ata

500€ en tarxetas regalo do Comercio de Redondela.




As tarxetas están dispoñibles en tres importes: 20€, 50€ e 100€.

Mais información sobre como adquirir e onde consumir as tarxetas regalo aquí.




PARTICIPA NO SORTEO DE 500€ EN TARXETAS REGALO


  • O prazo para participar será do 26 de abril ao 6 de maio de 2021.
  • Os premios serán 10 tarxetas regalo por importe de 50€ cada unha.
  • Pode participar á clientela do comercio de Redondela que adquira unha Tarxeta Regalo en calquera dos comercios de Redondela adheridos.
  • Cada nº de tarxeta dará dereito a unha única participación.
  • O sorteo realizarase na sede da asociación o venres 7 de maio de 2021 a través dunha aplicación dixital para sorteos entre todos os participantes válidos. Extraeranse 10 premiados e 10 reservas.
  • A Asociación contactará telefónicamente cos premiados, en caso de non obter resposta enviarase un correo electrónico que de non contestar en 3 días será substituído por un reserva segundo orde de sorteo.