Banner logos san valentín 2026.jpg

CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN 2026

Plans para celebrar San Valentín en Redondela


Enamórate da túa vila… e sorprende a quen máis queres.


Redondela énchese de detalles especiais para celebrar o día do amor. As nosas rúas, tendas e locais de hostalaría únense para ofrecerche experiencias únicas, agasallos con encanto e propostas que fan deste San Valentín unha ocasión perfecta para compartir momentos inesquecibles.


Descubre produtos exclusivos, menús, promocións especiais e moitas ideas para acertar. Todo sen saír da túa vila, apoiando o comercio de proximidade e gozando da calidade e da atención que só Redondela sabe ofrecer.


Este San Valentín, vive o amor en cada recuncho.

 


















14 de Febreiro en Redondela

Programa festivo e cultural organizado polo Concello de Redondela.