SN2026-FOTO-NOTICIA-WEB.png

'ALOHA SHOPPING NIGHT 2026': UNHA NOITE DE COMPRAS, ESPECTÁCULO, MÚSICA E DESCONTOS EXCLUSIVOS

A cita celebrarase o venres 31 de xullo no Centro Comercial Aberto de Redondela, coa participación de case cincuenta comercios que abrirán ata a medianoite.

A iniciativa coincide co Festival de Artistas de Rúa, organizado polo Concello de Redondela.


A Asociación de Empresas de Redondela presentou hoxe oficialmente a Aloha Shopping Night 2026, unha das accións de dinamización comercial máis destacadas do ano. O vindeiro venres 31 de xullo, case medio centenar de establecementos asociados  á Asociación de Empresas de Redondela do centro urbano ampliarán o seu horario de apertura de xeito extraordinario ata as 00:00 horas, transformando as rúas nun espazo festivo, lúdico e de compras especiais.

Nesta edición, a campaña inspírase na cultura Aloha, como mensaxe de benvida á clientela. Esta temática busca reflectir os valores fundamentais do comercio de proximidade: a calidez, a hospitalidade, a atención personalizada e a creación de vínculos coa clientela.

Unha experiencia inmersiva: compras, cultura e ocio familiar

A Shopping Night confluirá co Festival de Artistas de Rúa, reforzando o carácter cultural do evento. A programación deseñouse en distintas franxas horarias para chegar a todos os públicos: con unha oferta que vai dende o público infantil, adolescente, mozo e adulto.

Para a ocasión, o centro urbano lucirá unha ambientación especial con decoración nas fachadas e nos escaparates e a instalación de tendas efémeras (pop-up stores) de comercios.

Promocións exclusivas e o 'Pasaporte Aloha Recompensa'

Os comercios participantes ofrecerán durante toda a noite descontos e promocións especiais, avances de tempada e lotes promocionais. Ademais, como elemento estrela da dinamización, ponse en marcha o Pasaporte Aloha Recompensa: os clientes poderán selar o seu documento en cada compra realizada nos establecementos adheridos para optar a vales de compra.

Como novidade, a organización distribuirá bolsas de gran tamaño elaboradas con materiais reutilizables, pensadas para facilitar as compras en varios establecementos ao longo da xornada, reducindo o uso de embalaxes adicionais e contribuíndo a minimizar a pegada ambiental.

A campaña conta cunha landing page específica no portal web da Asociación, onde se pode consultar toda a información detallada da Aloha Shopping Night 2026, incluíndo establecementos participantes, programación, promocións, pasaporte e accións especiais da xornada: https://www.empresasredondela.gal/noticias/aloha-shopping-night-2026

Colaboración institucional e apoio ao comercio local

Durante o acto de presentación, a Asociación de Empresarios destacou o alto nivel de participación dos establecementos locais e quixo agradecer a colaboración institucional da Xunta de Galicia e do Concello de Redondela nos traballos de iluminación, xestión da vía pública e apoio loxístico.

A Aloha Shopping Night 2026 consolídase así como un evento urbano de referencia no sur de Galicia, combinando compras, ocio e dinamización económica para poñer en valor o comercio de vila.ombinando compras, ocio e dinamización económica para poñer en valor o comercio de vila.



Etiquetado como #Shopping night Redondela