A AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓN PARA A MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS DOS ESTABLECENTOS RUTÍSTICOS DE ALOXAMENTO.

O prazo para presentación de solicitudes está aberto ata o 4 de marzo de 2021.

RESOLUCIÓN do27 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para aconcesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións paraactuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticosde aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia e seestablece a súa convocatoria para o ano 2021, que serán susceptibles definanciamento no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia2014-2020 (código de procedemento TU503A).
 
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro
b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
 
Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores a dita data.
 
En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
3.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
3.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
3.3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
3.4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
3.5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
3.6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
4. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
5. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase ao solicitante para que reaxuste o proxecto a executar ao citado límite.
 
Gastos subvencionables
1. Considéranse gastos subvencionables os investimentos netos en que incorrese a entidade solicitante como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados.
2. Ademais dos gastos de obra vencellados coa execución do proxecto, serán gastos subvencionables os servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido.



prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO.